Río Godavari
| Godavari | |
|
O Godavari cerca da cidade de Kovvur |
|
| País | India |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Trimbakeshwar |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 97 km |
| Caudal medio | 3.500 m3/s (no delta) |
| Conca | 313.000 km2 |
| Desembocadura | Océano Índico |
O Godavari é un dos principais ríos da India; o terceiro en importancia despois do Ganxes e o Indo, con 1.465 km de lonxitude desde as súas fontes até a desembocadura no Océano Índico.
Índice |
Percorrido [editar]
O Godavari nace en Trimbakeshwar, nas cercanías das cidades de Nashik e Mumbai e moi perto da ex-colonia portuguesa de Damâo, no estado de Maharashtra, a tan só uns 80 km de distancia do Mar Arábigo, de xeito que semella partir a India de mar a mar. De primeiras corre atravesando o centro da India no estado de Andhra Pradesh. Cerca de Rajamandri, a 80 km de dsitancia da costa, o Godavari divídese en dous ramais, comezando a formar un inmenso delta, que acaba por render as súas augas no golfo de Bengala.
Afluentes [editar]
Destacan, en orde desde a fonte á foz:
- Pola dereita: o Manjra ;
- Pola esquerda: Dudna, Pranahati, (denomínase así a unión dos ríos Painganga e Wainganga), Indravati e Sabari.
A súa conca cubre unha área de 313.000 km2, estendéndose por oito estados indios.
Réxime hídrico [editar]
O Godavari é un río de réxime pluvial, de modo que o seu leito está cheo de auga durante o monzón, entanto na estación seca pode levar moi pouca auga.
Localidades as beiras [editar]
Destacan as seguintes cidades: Trimbakeshwar, Nashik, Nanded no estado de Maharashtra,
Bhadrachalam, Rajamandri, Kovvur en Andhra Pradesh.
Sacralidade [editar]
Como é o caso doutros ríos indios, as súas orelas son frecuentadas por peregrinos, pois o Godavari é un dos sete río sagrados da India.
Véxase tamén [editar]