Padrón dos pobos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponte romana de Chaves, sobre a que se ergue o padrón dos pobos.

O padrón dos pobos (en portugués Padrão dos Povos) é unha columna conmemorativa da construción da ponte romana de Chaves (Portugal), colocada sobre da mesma obra, que salva o río Támega. A epígrafe dedicatoria contén unha lista de dez dos pobos indíxenas galaicos bracarenses (citados como civitates no orixinal) da Gallaecia que colaboraran no erguemento da citada ponte.

O documento está incluso no CIL II, co número 2477.

Datación[editar | editar a fonte]

Consonte ás razóns aducidas por Hübner, a estela dátase correntemente no ano 79 d.C., durante a época do emperador romano Vespasiano.

Epígrafe[editar | editar a fonte]

IMP CAES VESP AVG PONT / MAX TRIB POT X IMP XX PROCOS IX / IMP VESP CAES AVG F PONT TRIB / POT VIII IMP XIIII COS VI / ... / C CALPETANO RANTIO QUIRINALI VAL FESTO LEG AVG PR PR / D CORNELIO MECIANO LEG AVG / L ARRVNTIO MAXIMO PROC AVG / LEG VII GEM FEL / CIVITATES X / AQUEFLAVIENSES AOBRIGENS / BSALI COELERNI EQUAESI / INTERAMICE LIMICI AEBISOC / QUARQUERNI TAMAGANI

Tradución[editar | editar a fonte]

Sendo Emperador César Vespasiano Augusto, Pontífice Máximo, con poder tribunicio por décima vez, Emperador vixésimo, pai da patria, cónsul por novena vez, sendo emperador tamén Tito Vespasiano César, fillo do Augusto, Pontífice, con poder tribunicio por oitava vez, Emperador Décimo cuarto, cónsul por sétima (...) sendo legado de Augusto o Propretor Caio Calpetano Rancio Quirinal Valerio Festo e sendo Legado do Augusto, Decio Cornelio Meciano e procurador do mesmo Augusto, Lucio Arruncio Maximo, a Lexión Sétima Xémina Félix e dez cidades, a saber: os Aquiflavienses, os Avobriguenses, os Bibalos, os Coelernos, os Equesios, os Interamnicos, os Límicos, os Nebisocos, os Quarquernos e os Tamaganos (...).

A respecto das liñas que faltan hai acordo entre os especialistas en considerar que foran eliminadas referencias ao Emperador Domiciano en virtude de damnatio memoriae.

Interpretación e valor[editar | editar a fonte]

Aínda que existen diversas interpretacións sobre o valor desta estela, parece haber un certo consenso último en que a inscrición contén unha lista de pobos, inclusos no Convento de Braga, que colaboraran no erguemento da ponte sobre o río Támega, na cidade de Chaves. Ao tempo constitúe unha homenaxe aos emperadores Flavio, Vespasiano e Tito, e demais autoridades provinciais, ás que se considera favorecedoras de Chaves e a zona próxima; homenaxe que se fai extensíbel tamén á Lexión VII.

A epígrafe cita dez pobos, algúns dos cales son coñecidos soamente grazas a este documento, como son os avobriguenses e mais os aebisocios (que ás veces se indican como Naebisoci); outros, aínda que coñecidos por outras fontes, o Padrón dos Pobos axuda a identificalos mellor por canto se considera que todos eles son pobos próximos a Chaves.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cardozo, Mario, Algumas inscripçôes lusitano-romanas da regiâo de Chaves. Chaves. 1943.
  • Rivas Fernández, Juan Carlos, La vía romana por Tamallancos, in Bol. Auriense, vol. II, Ourense. 1972.
  • Rodríguez Colmenero, Antonio, Galicia meridional romana. Deusto. 1977.