Río Grande de Xuvia
Tipo | río curso de auga | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Altitude inicial | 460 m | ||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | ||||
Localización | Os Tafornelos | ||||
Final | |||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | ||||
Localización | Ría de Ferrol | ||||
| |||||
Características | |||||
Dimensións | 31 () km | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 5.517 m³/s | ||||
O Grande de Xuvia, ou simplemente Xuvia e ás veces incorrectamente como Xubia, é un río galego na provincia da Coruña, que forma a ría de Ferrol.
Percorrido
[editar | editar a fonte]Nace nos montes da Serra, a 460 metros de altura, cerca dos Tafornelos, no concello das Somozas. Logo dun percurso total de 31 km, desemboca entre Xuvia, no concello de Narón e Santa María de Neda, no municipio homónimo, no fondo da ría de Ferrol.
Afluentes
[editar | editar a fonte]Os seus afluentes principais son o río das Ferrerías, e pola esquerda o río Castro.
Caudal
[editar | editar a fonte]O caudal medio do Grande de Xuvia, na foz, é de 5,517 m³/s.
Protección
[editar | editar a fonte]As concas do Grande de Xuvia e maila do río Castro forman parte da zona especial de conservación Xuvia - Castro, que conta cunha área protexida de 2.074 ha e que está previsto que aumente até un total de 3.024 ha.
Aproveitamento
[editar | editar a fonte]No río Grande de Xuvia sitúase a Presa do Rei, entre os concellos de Narón e Neda, propiedade de Galicia Textil e construída entre os anos 1791 e 1795, que proporcionou a enerxía para o funcionamento, durante o século XIX, dunha importante fábrica de moeda e fundición de cobre. Ten unha potencia de 200kW.
Ao pé do castelo de Naraío, no leito do río Castro está unha central hidroeléctrica augas abaixo. Ao final da guerra civil foi destruída en parte por unha bomba, procedendo despois á súa reconstrución.
Aínda que actualmente, por razóns legais, a produción e a distribución da enerxía eléctrica se atopen separadas na sociedade Hidroeléctrica Río Castro e Electra del Narahio, respectivamente, proceden do mesmo tronco de empresa familiar. A empresa matriz foi creada polo avó dos actuais propietarios, Manuel Orosa, en 1930. É unha das poucas pequenas hidroeléctricas que non foi absorbida polos grandes grupos do sector.
- Artigo principal: Real Casa da Moeda de Xuvia.
Existe unha estación de bombeo sen uso para a traída de auga e xa na ría de Xuvia Megasa ten unha captación de auga. Nos anos 1980 e principios dos 1990 houbo unha piscifactoría de troitas no río hoxe abandonada.
Breve historia do nome
[editar | editar a fonte]O río Grande de Xuvia corresponde seguramente ao río Iubia, citado por Pomponio Mela, entre os que desaugan no golfo dos Ártabros.
Durante a Idade Media é citado como Iuvia, Xoyva, entre outras denominacións. A fins do século XVIII, Lucas Labrada denomínao río Xubia.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Muíño de Xuvia