QuikScat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
QuikScat / QuikSCAT / Quick Scatterometer
Representación artística de QuikScat
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Contratistas principaisBall Aerospace
BusBCP-2000
Destino actualEn órbita terrestre, fóra de servizo.[1]
Data de lanzamento20 de xuño de 1999[1][2][3][4]
Foguete portadorTitan II SLV[3][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[3][6]
Obxectivo da misiónEstudo dos océanos da Terra.[3][6]
NSSDC ID1999-034A
Masa970 kg[3]
Datos orbitais
Semieixo maior7179 km[1]
Inclinación98,6 graos[1]
Apoapse808,5 km[1]
Periapse807,6 km[1]

QuikScat, abreviatura de Quick Scatterometer (Dispersómetro rápido), é un satélite artificial fóra de servizo da NASA lanzado o 20 de xuño de 1999 mediante un foguete Titan II SLV desde a base Vandenberg da Forza Aérea para estudar os océanos terrestres.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

QuikScat foi deseñado como un substituto rápido para facer as observacións de dispersometría que se perderon coa avaría do satélite ADEOS 1, motivo polo cal recibe o nome que leva. Levou tan só 11 meses construír e lanzar o satélite grazas ao uso de equipamento xa existente para construír outro satélite que se atopaba suspendido. QuikScat levaba a bordo un único instrumento, o dispersómetro SeaWinds, que consistía nun radar de microondas para medir a velocidade e dirección do vento preto da superficie oceánica independentemente das condicións meteorolóxicas.[3][5][6]

Nave[editar | editar a fonte]

O satélite foi construído usando o bus BCP-2000 (Ball Commercial Platform 2000), cunha masa de 970 kg. Usaba dous paneis solares para producir electricidade, que era almacenada en baterías.[3][5][6]

Misión[editar | editar a fonte]

QuikScat funcionou sen problemas máis alá dos dous anos de deseño de vida orixinal ata completar dez anos de observacións que se viron interrompidos pola avaría o 23 de novembro de 2009 do mecanismo de rotación do dispersómetro, que imposibilitou o seu uso.[3][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "QUIKSCAT" (en inglés). Consultado o 5 de agosto de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 15 November 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-91066). 9 de decembro de 1999: 5. Consultado o 5 de agosto de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (27 de abril de 2016). "QuikSCAT" (en inglés). Consultado o 5 de agosto de 2016. 
  4. Claude Lafleur (2010). "QuikScat" (en inglés). Consultado o 5 de agosde 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "QuikScat" (en inglés). Consultado o 5 de agosto de 2016. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "QuikScat" (en inglés). Consultado o 5 de agosto de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]