ADEOS 1
|
|
|
|---|---|
|
|
|
| Tipo | Observación terrestre |
| Fabricante | |
| Organización | NASDA |
| Contratistas principais | Mitsubishi Electric[1] |
| Data de lanzamento | 17 de agosto de 1996[2][3][4][5] |
| Foguete portador | H-2[3][1] |
| Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Tanegashima[3][1] |
| Obxectivo da misión | Observación da superficie terrestre en diferentes lonxitudes de onda[3][1] |
| NSSDC ID | 1996-046A |
| Masa | 3500 kg[3][1] |
| Dimensións | Corpo principal de 4 x 4 x 5 m cun panel solar, unha vez despregado, de 3 x 13 m[3][1] |
| Baterías | Cinco baterías de níquel-cadmio[3] |
| Semieixo maior | 7174,0 km[2] |
| Inclinación | 98,5 graos[2] |
| Apoapse | 803,4 km[2] |
| Periapse | 802,7 km[2] |
ADEOS 1, ou simplemente ADEOS (acrónimo de Advanced Earth Observation Satellite), renomeado como Midori (verde, en xaponés[6]) tra-la posta en órbita, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 17 de agosto de 1996 mediante un foguete H-2 desde o Centro Espacial de Tanegashima.[3][1]
Índice |
Características [editar]
A misión de ADEOS 1 consistiu en facer observacións de cambios medioambientais na Terra. Foi inxectado nunha órbita heliosincrónica e rebautizado como Midori 1. Deseñado modularmente, o corpo principal medía 4 x 4 x 5 metros e o panel solar, unha vez despregado, medía 3 metros de ancho por 13 metros de longo. O satélite estabilizábase nos tres eixos mediante catro volantes de inercia e dous propulsores alimentados por hidracina. O coñecemento da actitude da nave proviña de dous magnetómetros e unha unidade de referencia inercial. O panel solar, composto por células de arseniuro de galio, alimentaba cinco baterías de níquel-cadmio cunha capacidade de 35 amperios-hora e proporcionando ata 4,5 kW de potencia a unha tensión de entre 34 e 52 voltios.[3][1][5]
Os datos do satélite enviábanse ben directamente a terra en banda S (cunha velocidade de subida de 500 bps e de baixada de 4 Mbps) ou banda X, ben indirectamente a través do satélite ETS-6 usando s banda Ka, cunha velocidade de 120 Mbps. Adeos 1 levaba a bordo grabadoras para almacena-los datos.[3][5]
ADEOS 1 deixou de funcionar o 30 de xuño de 1997, dous anos antes de cumprir a súa expectativa de vida, de tres anos.[3][1]
Instrumentos [editar]
ADEOS 1 levaba oito instrumentos a bordo:[3][1][5]
- OCTS (Ocean Color and Temperature Scanner)
- AVNIR (Advanced Visible and Near-Infrared Radiometer)
- NSCAT (NASA Scatterometer)
- TOMS (Total Ozone Mapping Spectrometer)
- POLDER (Polarization and Directionality of the Earth's Reflectances)
- IMG (Interferometric Monitor for Greenhouse Gases)
- ILAS (Improved Limb Atmospheric Spectrometer)
- RIS (Retroreflector in Space)
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 1,9 "ADEOS 1 (Midori)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/adeos-1.htm. Consultado o 7 de marzo de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "ADEOS" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=24277. Consultado o 7 de marzo de 2012.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 "ADEOS" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1996-046A. Consultado o 7 de marzo de 2012.
- ↑ "Note verbale dated 21 October 1996 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (96-86918T): 2. 29 de outubro de 1996. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=434.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "ADEOS" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/adeos.htm. Consultado o 8 de marzo de 2012.
- ↑ "ADEOS (Advanced Earth Observing Satellite)" (en inglés). 2012. http://www.daviddarling.info/encyclopedia/A/ADEOS.html. Consultado o 8 de marzo de 2012.