Quiabo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Quiabo | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Abelmoschus esculentus | ||||||||||||
O quiabo, Abelmoschus esculentus, é unha planta da familia da malva (Malvaceae). O seu froito é unha cápsula fibrosa chea de sementes brancas redondas, utilizado en cociña antes da maduración. O seu uso é moi comun na cociña da India e do Oriente Medio, asi como no Brasil e no Sur dos Estados Unidos e en xeral en calquera lugar con inmigración africana.
Aparentemente, o quiabo é de orixe africana, e debe o nome á denominación nalgunhas linguas da África Occidental, quingombo, que tamén dá nome a un dos pratos máis importantes da cociña do Sur dos Estados unidos, o gumbo.