Pussy Riot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pussy Riot
Sete mulleres do colectivo Pussy Riot
Orixe Moscova, Flag of Russia.svgRusia
Período 2011 – presente
Xénero(s) punk rock, riot grrrl
Selo(s) discográfico(s) Ningún
Membros Nadezhda Tolokónnikova
Yekaterina Samutsévich
María Alyójina
Web oficial pussy-riot.livejournal.com


Pussy Riot é un colectivo ruso de punk rock feminista, que pon en escena performances extemporáneas de provocación política sobre temas como a situación das mulleres en Rusia e, máis recentemente, en contra da campaña electoral do primeiro ministro Vladimir Putin á presidencia de Rusia.

En marzo de 2012, durante un concerto improvisado e sen autorización na Catedral de Cristo Salvador de Moscova, tres mulleres da banda foron arrestadas e acusadas ​​de vandalismo. O xuízo comezou a finais de xullo, e recibiron unha condena de dos anos de cárcere. As mulleres atraeron unha considerable simpatía, tanto en Rusia como no exterior, debido ás denuncias de malos tratos mentres estaban baixo custodia. O xuízo foi comparado por algúns observadores estranxeiros con un xuízo-espectáculo[1][2].

Performances e influencias[editar | editar a fonte]

Os membros do grupo acostuman poñer nas súas performances vestidos axustados de cores chamativas, mesmo no inverno. Cobren as súas caras con pasamontañas, tanto nas súas actuacións como durante as entrevistas, nas cales utilizan pseudónimos. O colectivo está composto de 10 intérpretes, e aproximadamente 15 persoas que se ocupan de aspectos técnicos da rodaxe e edición de vídeos que soben a Internet.[3][4].

Entre as súas influencias musicais, o grupo cita bandas de punk-rock e Oi! como Angelic Upstarts, Cockney Rejects, Sham 69, Era e The 4 Skins[5][6]. O grupo tamén cita como inspiración a banda de punk-rock Bikini Kill e ao movemento dos noventa Riot grrrl. Afirmaron:

«O que temos en común é imprudencia, letras con carga política, a importancia do discurso feminista e unha imaxe feminina non convencional»[7].

Protesta na Catedral[editar | editar a fonte]

O 21 de febreiro de 2012, como parte da súa protesta contra a reelección de Vladimir Putin, tres mulleres do grupo entraron na Catedral de Cristo Salvador de Moscova da Igrexa ortodoxa rusa, fixeron o sinal da cruz, unha reverencia ante o altar, e comezaron a interpretar unha canción. Un minuto despois foron detidas pola policía[8]. A gravación da performance foi usada posteriormente para crear un videoclip da canción.

Na canción, o grupo pedía a "Theotokos" (Madre de Deus, a Virxe María) (rus. Богородица Bogoróditsa) que «botase a Putin». Na canción tamén describe opatriarca ruso, Cirilo I, como alguén que cre máis en Putin que en Deus.[9]. Cirilo I amosara o seu apoio a Putin antes da elección presidencial[10].

Arresto e persecución[editar | editar a fonte]

O 3 de marzo de 2012, María Alyójina e Nadezhda Tolokónnikova, dous supostos membros de Pussy Riot, foron arrestadas polas autoridades rusas e acusadas de vandalismo. Ao principio, ambas negaron ser membros do grupo e iniciaron unha folga de fame en protesta por seren encarceradas e apartadas dos seus fillos ata o comezo do xuízo en abril[11]. O 16 de marzo outra muller, Ekaterina Samutsévitch, que fora interrogada como testemuña do caso, foi igualmente arrestada e acusada[12].

O 4 de xullo presentáronse contra o grupo cargos formais e un escrito de acusación de 2800 páxinas[13]. Ese mesmo día notificóuselles sen previo aviso que tiñan de prazo para preparar a súa defensa ata o 9 de xullo. Como resposta, anunciaron unha folga de fame argumentando que dous días laborables era un prazo de tempo non apropiado para preparar a súa defensa[14]. O 21 de xullo o tribunal ampliou a súa prisión preventiva durante seis meses máis[15].

As detidas son recoñecidas como presas políticas pola Union of Solidarity with Political Prisoners.[16]. Amnistía Internacional considéraas presas de conciencia «pola severidade da resposta das autoridades rusas»[17].

Acusadas[editar | editar a fonte]

Nadezhda Tolokónnikova durante o xuízo.
  • Maria Alyójina, 24 anos, estudante de cuarto ano de periodismo en Moscovae nai dun neno pequeno, ten unha historia de voluntaria e activista con Greenpeace Rusia. Durante o xuízo desempeñou un papel activo preguntando ás testemuñas e cuestionando agresivamente a natureza dos cargos e do procedemento.[18].
  • Yekaterina Samutsévich, 30 anos, enxeñeira polo Colexio Técnico Superior de Enxeñeiros de Enerxía de Moscova, é unha informática interesada en colectivos LGTB. Titulada tamén en fotografía e multimedia. Ao xuízo asistiu o seu pai Stanislav Samutséich.[19].

Sentenza e condena[editar | editar a fonte]

As tres foron sentenciadas o 17 de agosto de 2012 a dous anos de prisión. O xuíz afirmou que «socavaran a orde social» coa súa protesta mostrando unha «absoluta falta de respecto» aos crentes. Tolokónnikova replicou que «a sentenza é un claro e inequívoco síntoma de que a liberdade está desaparecendo do noso país».[21]. Defensores e críticos da banda acudiron a manifestarse pola sentenza[21]. Serguéi Udaltsov, un dos líderes da oposición a Putin, foi detido mentres se manifestaba en apoio da banda[22]. O excampión mundial de xadrez Garri Kasparov, que pretendía asistir á lectura da sentenza, foi arrestado e golpeado[23][24][25].

Os avogados defensores afirmaron que apelarían a sentenza, aínda que vían poucas posibilidades de que fora anulada. «Baixo ningunha circunstancia as rapazas pedirán perdón a Putin», dixo Mark Feygin.[26] A Igrexa Ortodoxa Rusa comunicou que aínda que as accións de Pussy Riot eran ofensivas para millóns de persoas, a igrexa facía un chamamento «ás autoridades estatais para que mostraran clemencia coas condenadas dentro do marco da lei coa esperanza de que non repetiran actos blasfemos».[27].

Reacción internacional[editar | editar a fonte]

Amnistía Internacional calificou a condena como «un golpe amargo contra a liberdade de expresión».[26] Hugh Williamson, de Human Rights Watch, afirmou que «os cargos e o veredicto [...] distorsionan os feitos e a lei [...] Estas mulleres nunca deberían ter sido acusadas dun delito de incitación ao odio e deberían ser liberadas inmediatamente».[28].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pussy Riot trial 'worse than Soviet era'", artigo de Miriam Elder en The Guardian, 3 de agosto de 2012 (acceso o 8 de agosto de 2012) (en inglés).
  2. "Pussy Riot case likened to Stalin show trials", artigo de Jennifer Rankin no Irish Times, 9 de agosto de 2012 (acceso o 9 de agosto de 2012) (en inglés).
  3. "In Russia, Punk-Rock Riot Girls Rage Against Putin", artigo de Corey Flintoff en NPR, 8 de febreiro de 2012 (acceso o 10 de febreiro 2012) (en inglés).
  4. "Feminist punk band Pussy Riot take revolt to the Kremlin", artigo de Miriam Elder en The Guardian, 2 de febreiro de 2012 (acceso o 8 de agosto de 2012) (en inglés).
  5. "Pimppimellakka omin sanoin", artigo de Veli Itäläinen en Fifi, Voima, 26 de marzo de 2012 (acceso o 8 de agosto de 2012) (en finés).
  6. [http://www.vice.com/read/A-Russian-Pussy-Riot "A Russian Pussy Riot", artigo de Henry Langston en Vice, marzo de 2012 (acceso o 8 de agosto de 2012) (en inglés)
  7. "Female Fury", artigo de Sergey Chernov no The St. Petersburg Times, 1 de febreiro de 2012 (acceso o 8 de agosto de 2012) (en inglés).
  8. [http://rusnovosti.ru/guests/interviews/163402/198518/ "Интервью | Гости | Русская служба новостей", artigo de Mark Feigin en Rusnovosti.ru, 19 de abril de 2012 (acceso o 8 de agosto de 2012) (en ruso).
  9. Letra da canción (en ruso).
  10. "In Putin’s Russia, Little Separation Between Church and State", artigo de Marc Bennetts no The Washington Times, 13 de agosto de 2012 (acceso o 16 de agosto de 2012) (en inglés).
  11. "Russian punk band Pussy Riot go on hunger strike in Moscow", artigo en The Week, 6 de marzo de 2012 (acceso o 8 de agosto de 2012) (en inglés).
  12. [http://rt.com/news/prime-time/third-member-pussy-riot-765/ "Third member of 'Pussy Riot' charged over punk prayer", artigo en RT, 16 de marzo de 2012 (acceso o 8 de agosto de 2012) (en inglés).
  13. [http://www.rosbalt.ru/moscow/2012/06/04/988527.html "Участниц Pussy Riot официально обвинили в хулиганстве по мотивам религиозной ненависти", artigo en Rosbalt, 4 de xuño de 2012 (acceso o 8 de agosto de 2012) (en ruso).
  14. [http://www.themoscowtimes.com/news/article/pussy-riot-suspects-go-on-hunger-strike/461594.html "Pussy Riot Suspects Go on Hunger Strike", artigo de Jonathan Earle en The Moscow Times, 4 de xullo de 2012 (acceso o 4 de xullo de 2012) (en inglés).
  15. "Russia extends jailing of Pussy Riot activists", artigo de Gabriela Baczynska en Reuters, 21 de xullo de 2012 (acceso o 21 de xullo de 2012) (en inglés).
  16. "Троих предполагаемых участниц Pussy Riot признали политзаключенными" ("Three of the alleged participants of Pussy Riot recognized as political prisoners"), artigo no Росбалт, 25 de marzo de 2012 (en ruso).
  17. "Russia: Release punk singers held after performance in church", artigo na web de Amnistía Internacional, 3 de abri] de 2012 (acceso o 4 de abril de 2012) (en inglés).
  18. "Unofficial spokeswoman for Pussy Riot, Maria Alyokhina has challenged witnesses and remains defiant over the charges", texto en "Pussy Riot profile: Maria Alyokhina", artigo de Miriam Elder en The Guardian, 8 de agosto de 2012 (acceso o 9 de agosto de 2012 (en inglés).
  19. "Art lover Yekaterina Samutsevich, 29, warns of government campaign to instil fear among Russians with 'opposition' views", texto en "Pussy Riot profile: Yekaterina Samutsevich", artigo de Miriam Elder en The Guardian, 8 de agosto de 2012 (acceso o 9 de agosto de 2012 (en inglés).
  20. "Philosophy student Nadezhda Tolokonnikova, 22, has been described as the evil genius behind Pussy Riot", texto en "Pussy Riot profile: Nadezhda Tolokonnikova", artigo de Miriam Elder en The Guardian, 8 de agosto de 2012 (acceso o 9 de agosto de 2012 (en inglés).
  21. 21,0 21,1 "Pussy Riot found guilty of hooliganism by Moscow court", artigo en BBC News, 17 de agosto de 2012 (acceso o 17 de agosto de 2012) (en inglés).
  22. "Kasparov held at Pussy Riot protest", artigo de Australian Associated Press en The Herald Sun, 17 de agosto de 2012 (acceso o 17 de agosto de 2012) (web arquivada en http://www.webcitation.org/69zByxSCV) (en inglés)
  23. "Russian Band Given 2-Year Term for Stunt Deriding Putin", artigo de David M. Herszenhorn en The New York Times, 17 de agosto de 2012 (acceso o 17 de agosto de 2012) (en inglés)
  24. "Breaking news: Kasparov arrested and beaten at Pussy Riot trial", artigo en Chess Base, 2012 (acceso o 17 de agosto de 2012) (en inglés).
  25. "When Putin's Thugs Came for Me", artigo en The Wall Street Journal, 17 de agosto de 2012 (en inglés).
  26. 26,0 26,1 "Anti-Putin Pussy Riot band members get 2 years in prison".CBC.ca.
  27. [http://www.huffingtonpost.com/2012/08/17/pussy-riot-trial-church_n_1797863.html?utm_hp_ref=world "Pussy Riot: Russian Church Urges State To Show 'Mercy'", artigo de Reuters en Huffington Post, 17 de agosto de 2012 (en inglés).
  28. "Pussy Riot: Band Members' Conviction a Blow to Free Expression", artigo no Huffington Post, 17 de agosto de 2012 (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pussy Riot