Pura Salceda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPura Salceda

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBarcelona Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua galega e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 3434 AELG: 529

Pura Salceda Carballeda, nada na Cidade de México o 24 de agosto de 1961[1], é unha escritora en galego, castelán e catalán.

Biografía[editar | editar a fonte]

Filla de emigrantes galegos, desde os tres anos vive en Barcelona. É licenciada en Filoloxía hispánica pola Universidade de Barcelona e doutora en Filoloxía románica pola mesma universidade coa tese Narrativa e dramática na revista “Nós” (1920-1935) (2000).[2] Foi secretaria xeral da Associació Col·legial d’Escriptors de Catalunya (ACEC)[3] de 2010 a 2017. Tamén é membro da AELC (Associació d'Escriptors en Llengua Catalana) e da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega). Ten sido profesora dos cursos de Lingua e cultura galegas en Cataluña, patrocinados pola Xunta de Galicia, en diversos centros galegos de Cataluña e na Universidade de Barcelona.[4][5] En 2006 empezou a editar o blog “Sintagma in Blue”.[6]

Ten publicados poemas en diversas revistas literarias de España e América; e en varias escolmas:[7] La voz y la escritura (2006), Mujeres Poetas en el País de las Nubes (2007), El Laberinto de Ariadna (2008), México España desde la pasión (2009), Trato preferente. Voces esenciales de la poesía actual en español (2010), Poetas con Rosalía V (2010), Cançons de Bressol (2011), Tardes del Laberinto (2011), Guía Viva de Ortodoxos y Heterodoxos en la poesía gallega contemporánea (2012), Los mejores poemas de amor (2013), Anuario de poesía de San Diego. Marca Frontera / San Diego Poetry Annual. Border Mark (2014), ErotizHadas (2014), Amores infieles (2014), Escolma salvaxe. Seis anos de Poesía Salvaxe (2014), Poesía amiga y otros poemigas para Aute (2015), Amour fou. Ebrio desván de amores locos (2015), Cuerp@s. Antología poética (2015), Escritores recónditos (2016), Inmortal amor mortal. De cenizas, la máscara (2017), Manuel María. Libro colectivo de homenaxe (2017), Mediterráneas. Antología de Poesía de autoras del Mediterráneo (2018), Poesia a les caves (2018), Las voces de Ariadna (2018).

Publicacións[editar | editar a fonte]

Galego[editar | editar a fonte]

Castelán[editar | editar a fonte]

Bilingüe castelán-catalán[editar | editar a fonte]

  • El amante circunstacial. L´amant circunstacial (2014). Prólogo de Miquel de Com Palol e epílogo de Albert Tugues. Pigmalión Edypro. 140 páxs. ISBN 978-84-15916-39-0. Poesía bilingüe.
  • Un lobo extraño. Un llop estrany (2017). Playa de Ákaba. 100 páxs. ISBN 978-84-947334-7-5. Poesía

Libros colectivos[editar | editar a fonte]

  • Erato bajo la piel del deseo. Antología de poesía erótica (2010). Sial Ediciones. 564 páxs. ISBN 978-84-15014-12-6. Coordinadora.
  • Las mejores historias de amor (2012). Pygmalión. Coord. Antonino Nieto. Poema longo: De ti y de mi.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio “Sal a escena 2009”, convocado polo Ministerio de Igualdad de España, polo guión da curtametraxe Más asesinadas, dirixida por Mario Pilarte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pura Salceda publica el libro Alicia en penunbra. Historia de Perra Negra". www.acec-web.org. Consultado o 2019-10-05. 
  2. "Pura Salceda". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-05. 
  3. "ACEC". www.acec-web.org. Consultado o 2019-10-05. 
  4. "Pura Salceda". www.aelg.gal. Consultado o 2019-10-05. 
  5. "Un mozo de Salceda e outro de Tenerife gañan o ‘Certame Literario Rosalía de Castro’". www.cronicasdelaemigracion.com. Consultado o 2019-10-05. 
  6. "Blogger: Perfil do usuario: Sintagma in Blue". www.blogger.com. Consultado o 2019-10-05. 
  7. Recónditos, Escritores (2014-10-15). "ESCRITORES RECÓNDITOS: Pura Salceda". ESCRITORES RECÓNDITOS. Consultado o 2019-10-05. 
  8. "A ollada de Astarté. Espiral Maior. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2019-10-05. 
  9. "Lisboa: lanzamento de Dois corpos nus, despindo-se/Dous corpos nus, espíndose, de Casimiro de Brito e Pura Salceda". www.aelg.gal. Consultado o 2020-04-26. 
  10. "O paxaro de Nácara". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-10-05. 
  11. Requeixo, Armando. "'O paxaro de nácara', de Pura Salceda, e 'O latexar do barrio', de Tito Pérez. CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2019-10-05. 
  12. Eiré, X. M. (2019-10-23). "crítica de O PAXARO DE NÁCARA (Pura Salceda, Galaxia)". Ferradura en Tránsito II (en castelán). Consultado o 2019-11-12. 
  13. "“Quixen apartarme da aldea idílica virxiliana. Pequenos mundos tamén poden ser grandes infernos”". Praza Pública. 2020-06-05. Consultado o 2020-06-15. 
  14. "Pura Salceda y su Alicia en la penumbra: “Cualquier forma de amor que encuentres, vívela”.” » El Laberinto de Ariadna". www.ariadna-web.org. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]