Provincia de Kōzuke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antiga provincia de Kōzuke

Kōzuke (上野国, こうずけのくに, Kōzuke-no-kuni ou 上野, こうずけ) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a prefectura de Gunma, historicamente na parte Tōsandō (東山道), actualmente na rexión de Kantō, na illa de Honshū.

Kōzuke limitaba coas provincias de Shinano (信濃), Echigo (越後), Mutsu (陸奥), Shimotsuke (下野) e Musashi (武蔵).