Provincia de Tosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antiga provincia de Tosa

Tosa (土佐国, とさのくに) era unha antiga provincia do Xapón, situada na actual prefectura de Kochi, en Shikoku. Tosa tiña fronteiras coas provincias de Iyo e Awa.
A antiga capital estaba preto da moderna Nankoku. Tosa estaba gobernada polo clan Chosokabe durante o período Sengoku, Chosokabe Motochika brevemente unificou Shikoku ata que Toyotomi Hideyoshi reduciuno de novo a Tosa, perdéndoa totalmente logo da batalla de Sekigahara.