Provincia de Hitachi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antiga provincia de Hitachi

Hitachi (常陸国, ひたちのくに, Hitachi-no-kuni ou 常陸, ひたち) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a maior parte da prefectura de Ibaraki, historicamente na parte Tōkaidō (東海道), actualmente na rexión de Kantō, na illa de Honshū.

Hitachi limitaba coas provincias de Shimōsa (下総), Shimotsuke (下野) e Mutsu (陸奥).