Provincia de Izumi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antiga provincia de Izumi.

Izumi (和泉国, いずみのくに, Izumi-no-kuni ou 和泉, いずみ) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a parte oeste da prefectura de Osaca, historicamente na parte Kinai, actualmente na rexión de Kinki, na illa de Honshu.

Izumi limitaba coas provincias de Settsu (摂津), Kawachi (河内) e Kii (紀伊). A capital da provincia de Izumi estaba en actual cidade de Izumi.

Historia[editar | editar a fonte]

A provincia de Izumi foi fundada en 8 de maio de 757.

No período de Edo de Shogunato de Tokugawa, dentro da provincia situábanse dous dominios de Han, o dominio de Kishiwada (岸和田藩, きしわだはん) e o dominio de Hakata (伯太藩, はかたはん).