Provincia de Etchū

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antiga provincia de Etchū

Etchū (越中国, えっちゅうのくに, Etchū-no-kuni ou 越中, えっちゅう) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a prefectura de Toyama, historicamente na parte Hokurikudō (北陸道), actualmente na rexión de Chūbu ou rexión de Hokuriku, na illa de Honshū.

Etchū limitaba coas provincias de Noto (能登), Kaga (加賀), Hida (飛騨), Shinano (信濃) e Echigo (越後).