Provincia de Dewa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antiga provincia de Dewa

Dewa (出羽国, でわのくに, Dewa-no-kuni ou 出羽, でわ) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a prefectura de Yamagata e a maior parte da prefectura de Akita, historicamente na parte Tōsandō (東山道), actualmente na parte oeste da rexión de Tōhoku, na illa de Honshū.

Dewa limitaba coas provincias de Echigo (越後) e Mutsu (陸奥).

Na época Meiji Dewa dividiuse en 2 partes, Uzen (羽前) e Ugo (羽後).