Locución latina
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha locución latina é unha expresión latina utilizada en galego cun significado próximo ao orixinal. O latín foi a lingua da cultura e da ciencia até o século XVIII o que mantivo mantivo vivas moitas expresións na linguaxe legal, filosófica, técnica, relixiosa, médica e científica.
Índice |
Latinismos [editar]
Chámase latinismo a unha palabra que apenas mudou na súa forma desde a súa orixe en latín. Así utilízanse en galego palabras como álbum, currículum, campus, etc.
Locucións latinas [editar]
Cando se conservan en forma de expresións, fálase de locucións. Unha locución é un grupo de palabras que se utilizan habitualmente xuntas. Na súa orixe, utilizábanse separadas mais conservámolas só como expresións.
Exemplos [editar]
- Ab aeterno é unha expresión latina utilizada en Teoloxía que significa desde sempre.
- Ad libitum (ao gusto) utilízase en Música para sinalar que a obra permite a interpretación con ou sen instrumento.
- Ad kalendas graecas significa literalmente até as quendas gregas.
- Bona fide significa literalmente de boa fe, con boa intención.
- Calamo currente significa sen reflexión previa, de súpeto.
- Carpe diem significa atrapa o día e tense utilizado en Filosofía para expresar o desexo de vivir ao día, ao máximo.
- Conditio sine qua non significa literalmente condición sen a cal non.
- De incognito significa "descoñecido". Emprégase para dicir que unha persoa constituída en dignidade quere pasar como descoñecida, e que non se lle trate coas cerimonias e etiqueta que lle corresponden.[1]
- Extra muros significa literalmente "fóra das murallas". Fóra do recinto dunha cidade, vila ou lugar.[2]
- Facta, non verba significa literalmente "Feitos, non palabras". Para indicar que unha situación esixe acción, ou que xa non se ten ganas de palabrerías.[3]
- Pro indiviso significa literalmente "sen dividir". Dise das cousas, obxectos ou cantidades de diñeiro que non se poden dividir entre os propietarios.[4]
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Camacho Becerra, H., Comparán Rizo, J. J. e Castillo, F. (1998). Manual de etimologías grecolatinas. México: Limusa (en castelán).
- Gernaert Willmar, L. R. R. (2000). Diccionario de Aforismos y Locuciones Latinas de Uso Forense. Buenos Aires: Lexis Nexis (en castelán).
- Moisés, M. (1997). Dicionário de termos literários. São Paulo: Cultrix.
- Soberanes Fernández, J. L., Islas Colín, A. e Lézé, F. (2008). Locuciones latinas jurídicas. Madrid: Porrúa (en castelán).