Racing Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Racing Club
Nome Racing Club
Alcume(s) La Academia
Fundación 25 de marzo de 1903
Estadio Estadio Presidente Perón
Avellaneda, Arxentina
Inauguración 3 de setembro de 1950
Capacidade 64.161
Propietario Racing Club
Presidente Flag of Argentina.svg Gastón Cogorno
Adestrador Flag of Argentina.svg Luis Zubeldía
Liga Primeira División de Arxentina
Inicial 2012
Vestimenta -
Patrocinador -
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Racing Club é unha entidade deportiva arxentina da cidade de Avellaneda, fundada o 25 de marzo de 1903, cuxa principal actividade é o fútbol profesional. Ó longo da súa historia ten sido o primeiro club arxentino en acadar 3 campionatos nacionais seguidos, o segundo en acadar a Copa Libertadores e o primeiro en acadar a Copa Intercontinental. No seu palmarés ten 16 ligas, 9 delas da época amateur (anterior a 1931), época na que gañou o alcume de La Academia.

O equipo xoga os seus encontros como local no Estadio Presidente Perón, da súa propiedade, que ten capacidade para acoller a 64.161 seareiros, o que fai del o segundo estadio mais grande do país. O máximo rival do Racing Club é o seu veciño Club Atlético Independiente, co cal disputa o chamado Clásico de Avellaneda.

Índice

Palmarés [editar]

Títulos nacionais [editar]

Títulos continentais [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]