Presidentes de Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brazón de Colombia.

Segundo a constitución colombiana de 1821, o presidente era o xefe do poder executivo e o seu mandato era vitalício. O vicepresidente asumía en caso de morte, remoción ou doenza do presidente. Antes da aprovación da constitución de 1821 polo Congreso de Villa del Rosario, o presidente de facto era Simón Bolívar, e o vicepresidente era Francisco de Paula Santander, pois o Congreso de Angostura deulles provisoriamente aqueles títulos ata que a constitución fose redixida.

A República da Gran Colombia era composta por territorios do Vice-Reino de Nova Granada, da Capitanía de Venezuela e da Audiencia de Quito (hoxe Ecuador).

Despois da Guerra dos Supremos e do caos económico do período federativo, o presidente Rafael Núñez decidiu que unha nova constitución tería que ser feita. Pola Constitución de 1886, o presidente era o xefe do poder executivo por 6 anos con posibilidade de reelección infinita (isto mudou o 1910 para 4 anos, sen posibilidade de reelección no periodo imediatamente seguinte) e o Senado indicaba o designado que substituía o presidente en caso de morte, ausencia ou deposición.

A constitución de Colombia de 1886 foi unha das máis duradeiras do hemisferio occidental e, coas reformas de 1910, 1936, 1958, 1968, 1973 e 1986, foi a constitución de Colombia ata 1991, cando unha nova foi editada. A Constitución de 1991 aínda é a constitución da República de Colombia.

Estes son os presidentes de Colombia e tamén da Gran Colombia.

A República de Gran Colombia (1819-1831)[editar | editar a fonte]

Presidentes da República de Nova Granada (1831-1858)[editar | editar a fonte]

Presidentes da Confederación Granadina (1858-1863)[editar | editar a fonte]

Presidentes dos Estados Unidos de Colombia (1863-1886)[editar | editar a fonte]

Presidentes da República de Colombia (1886-presente)[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]