Premio Hammett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio Hammett é un galardón auspiciado pola Asociación Internacional de Escritores Policíacos para distinguir a mellor novela policíaca escrita en español. Entrégase anualmente durante a Semana Negra de Xixón xunto con outros premios, como o Celsius (fantasía, ciencia ficción ou terror) , Espartaco (novela histórica), o Memorial Silverio Cañada (opera prima policíaca), o Rodolfo Walsh (libro de non ficción sobre tema criminal) e o do concurso de relatos.

Historia[editar | editar a fonte]

Instituírono en 1987 na honra do escritor estadounidense Dashiell Hammett e o primeiro premio recibiuno, ao ano seguinte, Paco Ignacio Taibo II.[1]

Gañadores[editar | editar a fonte]

Ano Gañador País Novela
1988 Paco Ignacio Taibo II (1) México / España España La vida misma
1989 Andreu Martín (1) España España Barcelona Connection
1990 Sergio Ramírez Nicaragua Castigo divino
1991 Paco Ignacio Taibo II (2) México / España España Cuatro manos
1992 Daniel Chavarría Uruguai / Cuba Allá ellos
1993 Andreu Martín (2) España España El hombre de la navaja
1994 Paco Ignacio Taibo II (3) México / España España La bicicleta de Leonardo
1995 Rolo Díez (1) Arxentina / México Luna de escarlata
1996 Juan Damonte Arxentina Chau papá
1997 Javier Azpeitia España España Hipnos
Juan Hernández Luna (1) México Tabaco para el puma
1998 Leonardo Padura (1) Cuba Paisaje de otoño
1999 Justo Vasco Cuba Mirando espero
2000 Jorge Franco Ramos Colombia Rosario Tijeras
2001 Andreu Martín (3) España España Bellísimas personas
2002 José Carlos Somoza España España Clara y la penumbra
2003 Francisco González Ledesma España España El pecado o algo parecido
José Latour Cuba Mundos sucios
2004 Rolo Díez (2) Arxentina / México Papel picado
2005 Raúl Argemí Arxentina Penúltimo nombre de guerra
Rafael Ramírez Heredia México La Mara
2006 Leonardo Padura (2) Cuba La neblina del ayer
2007 Juan Hernández Luna (2) México Cadáver de ciudad
2008 Juan Ramón Biedma España España El imán y la brújula
Leonardo Oyola Arxentina Chamamé
2009 David Torres España España Niños de tiza
Guillermo Saccomano (1) Arxentina 77
2010 Guillermo Orsi Arxentina Nadie ama a un policía
2011 Ricardo Piglia Arxentina Blanco nocturno
2012 Cristina Fallarás España España Las niñas perdidas
2013 Guillermo Saccomano (2) Arxentina Cámara Gesell

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]