Portal:Noruega/Cabezallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Noruega (en noruegués: Norge (bokmål), Noreg (nynorsk), en saami: Norga), é un país nórdico gobernado por unha monarquía constitucional que ocupa a porción oeste da península escandinava. O país fai fronteira con Suecia, Finlandia e Rusia. O país ten unha poboación duns 5,1 millóns de habitantes e a súa capital e principal cidade é Oslo. Noruega ten dúas linguas oficiais, o bokmål e o nynorsk, sendo a primeira a máis falada. A moeda do país é a coroa norueguesa (NOK).

Le pays, peuplé d’environ 5,1 millions d'habitants, a pour capitale Oslo. La Norvège a deux langues officielles : le bokmål (prononcez boukmol) et le nynorsk. La langue majoritaire est le bokmål et la monnaie est la couronne norvégienne (NOK).

Forman parte do Reino de Noruega os territorios árticos de Jan Mayen e das Illas Svalbard, cuxa soberanía foi establecida polo tratado de Svalbard asinado en 1920. Porén os territorios meridionais da Illa de Bouvet na parte sur do océano Atlántico e a Illa de Pedro I no sur do Océano Pacífico considéranse dependencias e polo tanto non conforman parte do reino como tal. Noruega é ademais un dos países que reclama territorio na Antártida, concretamente o sector coñecido como Terra da Raíña Maud.

Dende a Segunda Guerra Mundial, o país experimentou un rápido crecemento que contribuíu a que o país estea na actualidade entre aqueles cun maior nivel de vida grazas ao seu sistema nacional de subsidios. Este crecemento económico débese en parte ao desenvolvemento e explotación das reservas costeiras de gas e petróleo do país. O desenvolvemento humano de Noruega é un dos maiores do mundo, ocupando o país o primeiro posto na listaxe de países por nivel de desenvolvemento humano (IDH) entre o 2001 e o 2007 (compartindo este posto con Islandia no 2007). É ademais un dos membros fundadores da Organización das Nacións Unidas e pertence a outras organizacións internacionais como a Organización do Tratado do Atlántico Norte, o Consello de Europa, a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e do Consello Nórdico.