Portal:India/Artigo destacado/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todos os artigos destacados no portal India:

1[editar a fonte]

O Taj Mahal (en hindi ताज महल, persa تاج محل), situado en Agra, na beira do río Yamuna, no Estado de Uttar Pradesh, India, é un suntuoso mausoleo de mármore branco construído entre 1632 e 1652 polo emperador mogol Shâh Jahân, en memoria da súa esposa Arjumand Bânu Begam, máis coñecida polo nome de Mumtāz Mahal (que en persa significa «a xoia do palacio»), que falecera o 17 de xuño de 1631, ao dar a luz o seu décimo cuarto fillo, en tanto acompañaba ao seu home en campaña. Tivo unha sepultura inicial no xardín Zainabad en Burhampur.

Así, o Taj Mahal é tamén considerado como unha gran proba de amor, contendo inscricións retiradas do Corán. Ten incrustadas pedras semi-preciosas, tales como o lapislázuli entre outras. A súa cúpula ten fíos de ouro. O edificio está flanqueado por dúas mesquitas e cercado por catro minaretes.

Suponse que o emperador pretendía facer para el unha réplica do Taj Mahal orixinal na outra marxe do río, en mármore negro, pero acabou deposto por un dos seus fillos antes do suposto comezo de tal obra.

O 7 de xullo de 2007 foi nomeada en Lisboa unha das sete marabillas do mundo moderno.


2[editar a fonte]

O Ganxes,ou Ganga, (devanágari: गंगा ; (IPA: ˈgænʤiz ; IAST: Gaṅgā ; na maioría das linguas da India, IPA2: ˈgəŋgaː) é un dos ríos principais do subcontinente indio, que flúe en dirección leste a través das chaira epónima do norte da India até Bangladesh. Os seus 2,510 km (1,557 mi) de percorrido comezan no Glaciar Gangotri no estado indio de Uttaranchal, na parte central do Himalaia até desembocar no golfo de Bengala, formando un vasto delta no Sundarbans. É un río sacro para os hindús, recibindo culto a través da súa divindade, personificada como a deusa Ganga.

O Ganga ou Ganxes e máis os seus tributarios, dos que destaca o río Yamuna, baña unha grande e ampla conca dunha área de preto de un millón de km2, que acollen das maiores densidades poboacionais da Terra.

O Ganga ou Ganxes está considerado como sagrado polo hinduísmo, sendo un lugar de peregrinación para os fieis, o que fai que no seu curso existan varios sitios sagrados hindús, como Haridwâr (ou Hardwâr) e Vârânasî (ás veces chamado Kâshî ou Bénarès. A inmersión no Ganxes permite que o crente lave os seus pecados e a dispersión das cinzas no río, logo da cremación do cadáver, pode beneficiar unha mellor vida futura, e mesmo atinxir a moksha ou liberación, é dicir, a saída do mundo fenoménico.


3[editar a fonte]

Portal:India/Artigo destacado/3

4[editar a fonte]

Portal:India/Artigo destacado/4

5[editar a fonte]

Portal:India/Artigo destacado/5

6[editar a fonte]

Portal:India/Artigo destacado/6

7[editar a fonte]

Portal:India/Artigo destacado/7

8[editar a fonte]

Portal:India/Artigo destacado/8

9[editar a fonte]

Portal:India/Artigo destacado/9

10[editar a fonte]

Portal:India/Artigo destacado/10