Portal:Bulgaria/Biografía destacada/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todas as biografías destacadas no portal Bulgaria:

1[editar a fonte]

Ivan Minchov Vazov (en búlgaro: Иван Минчов Вазов), nado en Sopot o 27 de xuño de 1850 e finado en Sofía o 22 de setembro de 1921, foi un poeta, novelista e dramaturgo búlgaro, coñecido como "o patriarca da literatura búlgara". Naceu en Sopot, localidade do val das Rosas de Bulgaria (entón parte do Imperio Otomán). As obras de Ivan Vazov transcorren en dúas épocas históricas, o renacemento búlgaro e a época trala independencia...


2[editar a fonte]

Fernando I de Bulgaria, nado en Viena o 26 de febreiro de 1861 e finado en Coburgo o 10 de setembro de 1948 , foi príncipe e máis tarde tsar de Bulgaria. Durante o seu longo reinando, Bulgaria proclamou a súa independencia do Imperio otomán e participou en diversas guerras para ampliar o seu territorio. Veuse forzado a abdicar trala derrota do seu país na Primeira Guerra Mundial en 1918 e dende entón viviu no exilio ata a súa morte en 1948...


3[editar a fonte]

Boris III de Bulgaria (en búlgaro: Борис III), nado en Sofía o 30 de xaneiro de 1894 e finado na mesma cidade o 28 de agosto de 1943, foi o penúltimo tsar de Bulgaria. Foi un monarca moi popular entre os seus súbditos, ademais dunha das figuras clave nos Balcáns durante o período de entreguerras e a segunda guerra mundial.

Era o fillo máis vello do tsar Fernando I e accedeu ao trono tras a abdicación do seu pai, acusado de levar a Bulgaria á derrota na primeira guerra mundial. Asumiu, con só 24 anos, o goberno dun estado arruinado, ao bordo do caos e dividido entre os extremistas de esquerda e dereita. A pesar dos seus esforzos por estabilizar a vida política do seu país, Boris non puido contra o autoritarismo dos seus primeiros ministros Aleksandr Stamboliskii e Aleksandr Tsankov....


4[editar a fonte]

Miguel III de Bulgaria (en búlgaro: Михаил Асен III, Mihail Asen III), comunmente chamado Miguel Shishman (en búlgaro: Михаил Шишман, Mihail Šišman), gobernou como tsar de Bulgaria de 1323 a 1330. Descoñécese o ano exacto do seu nacemento, pero ocorreu probablemente entre 1280 e 1292. Foi o fundador da última dinastía gobernante do Segundo Imperio búlgaro, a dinastía Shishman. Con todo, despois de ser coroado usou o nome de Asen para salientar a súa relación coa dinastía Asen, a primeira en gobernar sobre o Segundo Imperio.

Gobernante enérxico e ambicioso, Miguel III dirixiu unha política exterior agresiva, aínda que oportunista e incoherente, contra o Imperio bizantino e o Reino de Serbia, que lle custou a vida na desastrosa batalla de Velbazhd. Tamén foi o último gobernante medieval búlgaro que aspirou á hexemonía militar e política do Imperio búlgaro nos Balcáns e o último que tentou apoderarse de Constantinopla. Sucedeulle o seu fillo Iván Estevo e despois o seu sobriño Iván Alexandre, quen cambiou a súa política mediante a formación dunha alianza con Serbia...


5[editar a fonte]

Portal:Bulgaria/Biografía destacada/5

6[editar a fonte]

Portal:Bulgaria/Biografía destacada/6

7[editar a fonte]

Portal:Bulgaria/Biografía destacada/7

8[editar a fonte]

Portal:Bulgaria/Biografía destacada/8

9[editar a fonte]

Portal:Bulgaria/Biografía destacada/9

10[editar a fonte]

Portal:Bulgaria/Biografía destacada/10

11[editar a fonte]

Portal:Bulgaria/Biografía destacada/11