Pooh Richardson
| Jerome Richardson | |
|---|---|
| Posición | Base |
| Dorsal | 24, 2 |
| Altura | 1,85 m (6 ft 1 in) |
| Peso | 82 kg (180 lb) |
| Nacemento | 14 de maio de 1966 (47 anos) |
| Carreira | |
| Tempadas | 1989–2000 |
| NBA Draft | 1986 / Rolda: 1 / Elección: 10
Escollido por Minnesota Timberwolves |
| Universidade | UCLA (1985-1989) |
| Equipo(s) | |
|
|
| Estatísticas (NBA) | |
| Puntos | 7 083 |
| Rebotes | 1 807 |
| Asistencias | 4 180 |
| Stats @ Basketball-Reference.com | |
| Premios | |
|
|
Jerome "Pooh" Richardson, nado o 14 de maio de 1966 en Filadelfia, Pensilvania, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Foi a primeira elección do Draft da NBA da historia dos Minnesota Timberwolves, en 1989. Durante os seus dez anos na NBA xogou tamén para os Indiana Pacers e os Los Angeles Clippers.
Richardson xogou na Universidade para a Universidade de California, Los Angeles (UCLA), de 1985 a 1989. Conseguiu récords de asistencias e porcentaxe de triplas da universidade.
Índice |
Traxectoria deportiva [editar]
Profesional [editar]
Richardson foi elixido na 10ª posición do Draft da NBA de 1989 polos Minnesota Timberwolves, a primeira elección da súa historia, e xogou en Minnesota durante 3 tempadas, ata 1992. Foi traspasado aos Indiana Pacers xunto a Sam Mitchell a cambio de Chuck Person e Micheal Williams. En 1994, os Pacers o enviaron aos Los Angeles Clippers xunto a Malik Sealy e á elección do Draft de 1994 Eric Piatkowski, a cambio de Mark Jackson e os dereitos do Draft de Greg Minor.