Chuck Person
| Chuck Person | |
|---|---|
| Posición | Aleiro |
| Dorsal | 45 |
| Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
| Peso | 100 kg (220 lb) |
| Nacemento | 27 de xuño de 1964 (47 anos) |
| Carreira | |
| Tempadas | 1986–2000 |
| NBA Draft | 1986 / Rolda: 1 / Elección: 4
Escollido por Indiana Pacers |
| Universidade | Auburn |
| Equipo(s) | |
|
|
| Estatísticas (NBA) | |
| Puntos | 13 858 |
| Rebotes | 4 763 |
| Asistencias | 2 645 |
| Stats @ Basketball-Reference.com | |
| Premios | |
|
|
Chuck Connors Person, nado o 27 de xuño de 1964 en Brantley, Alabama, é un ex xogador americano de baloncesto profesional, e actual adestrador asistente dos Los Angeles Lakers.
Índice |
[editar] Traxectoria deportiva
[editar] Profesional
Person foi seleccionado na 4ª posición do Draft da NBA de 1986 polos Indiana Pacers. Gañou o premio ao Rookie do Ano da NBA en 1987 e xogou seis tempadas en Indiana.
Foi traspasaso en 1992 xunto a Micheal Williams aos Minnesota Timberwolves a cambio de Sam Mitchell e Pooh Richardson. Tras o remate do seu contrato en 1994, asinou coma axente libre cos San Antonio Spurs, Charlotte Hornets e Seattle SuperSonics. Foi traspasado polos Spurs xunto a unha elección de primeira rolda do Draft aos Chicago Bulls a cambio de Steve Kerr o 22 de xaneiro de 1999, pero foi despedido inmediatamente.
Durante a súa carreira, Person xogou 943 partidos, facendo 14.7 puntos e 5.1 rebotes por partido, unha porcentaxe de 45.8% en tiros de campo e 36.2% en triplas.
Person retirouse no ano 2000. Dende entón, foi adestrador asistente dos Sacramento Kings, e é actualmente asistente dos Los Angeles Lakers.