Ponte Sigüeiro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 42°57′56″N 08°26′43″W / 42.96556°N 8.44528°W
| Ponte Sigüeiro | |
|---|---|
| Río | Tambre |
| Concello | Oroso |
| Provincia | A Coruña |
| Data | |
| Lonxitude | |
| Ancho | |
| Gálibo | |
| Tipo | pedra |
| Material | |
A Ponte Sigüeiro ou ponte de Sigüeiro é unha construción de cantería sobre o río Tambre, que une os concellos de Santiago de Compostela e Oroso.
Trátase dunha ponte de cantaría do século XIV que foi construída por orde de Fernán Peres de Andrade, O Boo, e modificada no século XV. Atópase na estrada N-550 A Coruña-Santiago de Compostela.
Nas proximidades da ponte tivo lugar o enfrontamento entre as tropas do goberno español e os sublevados dirixidos polo coronel Miguel Solís en 1846, que rematou coa derrota destes últimos e co seu fusilamento en Carral.