Plutonismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O plutonismo ou teoría plutónica é unha teoría xeolóxica proposta polo xeólogo escocés James Hutton a finais del século XIX, que definía a xeración das rochas como o resultado de procesos volcánicos.

A teoría recibiu o seu nome do deus romano das profundidades (e o inferno) Plutón. O plutonismo gozou de certa aceptación entre a comunidade científica, desacreditando ao neptunismo de Abraham Gottlob Werner, quen defendía a orixe submarina das rochas mediante sedimentación.

Os partidarios do plutonismo eran no científico completamente opostos aos do neptunismo: Estes defendían a formación submarina de minerais e o concepto dun "océano universal", que aqueles negaban; os plutonistas, de feito, negaban a idea de que a auga puidera producir efecto ningún sobre os minerais.

A teoría, por tanto, resultou moi polémica, principalmente porque negaba implicitamente o concepto de Diluvio universal e, polo tanto, a validez histórica dos textos bíblicos. Así, cando en 1788 a Royal Society Transactions de Edimburgo publicou a teoría, James Hutton foi acusado de ateísmo.[1]

Algúns autores sinalaron que quizais fora precisamente o contrario: A teoría de Hutton baseábase en parte na convicción dunha orde natural equilibrada. Para Hutton, o proceso de erosión e destrución de material xeolóxico superficial debería necesariamente verse correspondido por un proceso análogo de xeración de novos materiais. Este proceso só podía producirse no núcleo terrestre a moi elevadas temperaturas, que eran as responsábeis das elevacións do terreo, movemento de terras, etc.

Pero a notábel tensión entre neptunistas e plutonistas tiña un segundo aspecto de confrontación: O tempo xeolóxico. Os partidarios do neptunismo —entre os que se contaban científicos do prestixio de Alexander von Humboldt— admitían a certeza histórica da narración do libro da Xénese; e a súa datación do mundo rondaba os 6.000 anos. Os plutonistas, polo contrario, non só negaban a validez histórica do diluvio senón que consideraban os procesos xeolóxicos como un conxunto de fenómenos moito máis lento, polo que a historia da Terra debería de ser de millóns de anos.

Entón cuñouse o termo idade xeolóxica, para definir os amplos marxes de tempo necesarios para calquera fenómeno xeolóxico. Este novo concepto coñeceríase como uniformismo, e baseábase sinxelamente en que os procesos xeolóxicos que interviran en épocas moi remotas seguían actuando no presente.[2]

A perspectiva deste "envellecemento" do mundo resultaba unha idea chocante para a sociedade da época, que só puido asimilala progresivamente, tal como indican as seguintes referencias:

  • En 1778, Buffon afirma que a Terra é un fragmento do Sol en arrefriamento, e que a súa idade é de 74.000 anos.
  • En 1830 Charles Lyell data a idade da Terra —nunha obra que influíu sobre Darwin— nalgúns millóns de anos.

Nos albores do século XX esta estimación subira xa até os 1.500 millóns de anos, e para cando Arthur Holmes descubriu la datación xeolóxica mediante radiación, esta cifra disparouse até 4.500 millóns de anos, que é a que se considera na xeoloxía contemporánea.

Tanto o plutonismo como o neptunismo considéranse actualmente posturas extremistas e obsoletas. Os xeólogos contemporáneos definiron tres procesos de xeración de rocha: ígneo, sedimentario e metamórfico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moledo, Leonardo; Historia de la Geología: El fuego infernal (en castelán)
  2. O presente é a clave do pasado. Nótese que o concepto era radicalmente oposto ao catastrofismo no que se inspiraba o neptunismo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]