Cambota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cambota de pedra sobre unha lareira
Cambota extractora eléctrica nunha cociña moderna

Chámase cambota ao elemento construtivo de forma piramidal ou de campá invertida que se pon encima das cociñas co obxecto de dirixir o fume e os gases cara á cheminea, a xeito de funil.

Tradicionalmente estaban feitas de pedra ou de tixolos, pero actualmente son moi habituais as metálicas con extracción forzada eléctrica. É un electrodoméstico máis dos que se poden atopar nas cociñas modernas.