Motor de combustión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un motor de combustión é unha máquina que produce un traballo (tipicamente un movemento) mediante a enerxía proporcionada por un combustíbel. Dependendo de se a combustión é interna ou externa ao motor falarase de motores de combustión interna ou motores de combustión externa.

Clasificación dos motores de combustión[editar | editar a fonte]

Para a clasificación dos motores térmicos, téñense en consideración dous aspectos adicionais:

  • Se o fluído é condensable (auga) ou non condensable (aire).
  • Se o proceso de combustión é externo ou interno.

Motores de combustión interna[editar | editar a fonte]

Motores de combustión interna
Rotativo Turbomáquina Turbina de gas de ciclo aberto
Volumétrico Motor Wankel, Quasiturbina
Alternativo Acendido por compresión Motor Diésel
Acendido provocado Motor de explosión (de Ciclo Otto, de Ciclo Miller, de mestura pobre, de Ciclo Atkinson)
Reacción Motor foguete Foguete espacial de propulsante líquido/sólido
Aerorreactor sen compresor Estatorreactor
Pulsorreactor
Aerorreactor con compresor Turborreactor
Turbofán
Turbohélice

Motores de combustión externa[editar | editar a fonte]

Se a combustión é externa, a calor da combustión transfírese ó fluído a través dunha parede, por exemplo nun intercambiador de calor. Este tipo de máquinas non esixe un proceso de combustión, como sucede nas instalacións nucleares, se ben adoita ser o procedemento típico. Dado que o fluído motor non sofre degradación ningunha, estas máquinas poden ser de ciclo pechado, que é o que actualmente se prefire por razóns económicas.


Motores de combustión externa
Fluído
condensable
Turbomáquina Turbina de vapor ciclo aberto ou pechado
Alternativo Máquina de vapor ciclo aberto ou pechado
Fluído non
condensable
Turbomáquina Turbina de gas de ciclo pechado
Alternativo Motor Stirling
NOTA: Os motores volumétricos rotativos e de reacción non foron desenvolvidos.