Piri Reis
Piri Reis ou Pīrī Re’īs, anteriormente Hājjī Mehmet, nado en Gallípoli, na actual Turquía, no ano 1465 e decapitado en Exipto en 1554, foi un almirante, mariño e cartógrafo turco otomano.
Índice |
Traxectoria[editar]
Discípulo e sobriño de Kemal Reis, empezou a aprender a navegar ós doce anos. Foi un home de gran cultura, xa que era quen de falar, ademais da súa lingua nativa, árabe, grego, castelán e portugués. Participou en numerosas guerras contra a república de Venecia entre os anos 1499 e 1502, ademais de contra os cabaleiros de Rodas e os Mamelucos de Exipto (1523).
Sitiou Xibraltar por ordes do sultán otomano pero terminou aceptando un soborno que lle ofreceron os sitiados. O gobernador de Exipto, Alí Bajá, tivo conocemento disto e mandou chamar a Reis para que explicase a súa actitude, pero este negouse, polo que Bajá mandou detelo e condenalo a morte no cadafalso. Tiña 89 anos.
Obra[editar]
A súa maior obra foi o Kitab-i Bahriye ("Libro das Materias Mariñas"), un atlas náutico que contén o famoso Mapa de Piri Reis, dedicado ó sultán Solimán o Magnífico en 1525, recuperado en 1929 e conservado na actualidade no Museo Topkapı Sarayı, no Palacio de Topkapi en Estambul.
Na actualidade o seu famoso e enigmático mapa dos contornos orientais de Sudamérica constitúe unha auténtica ícona nacional para Turquía. Tanto é así que aparece no reverso dos billetes de dez millóns de liras.