Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Animals |
|
| Álbum de Pink Floyd |
| Edición: |
23 de xaneiro de 1977 |
| Datas de gravación: |
abril - decembro de 1977 |
| Estudio(s) de gravación: |
Britannia Row Studios |
| Duración: |
{{{duración}}} |
| Xénero: |
rock progresivo |
| Selo(s): |
Harvest/EMI |
| Producido por: |
Pink Floyd |
| Cronoloxía |
|
|
Animals é o décimo álbum de estudio da banda inglesa de rock progresivo Pink Floyd, editado o 23 de xaneiro de 1977. Trátase dun álbum conceptual que ofrece unha crítica mordaz das condicións socio-políticas do Reino Unido dos anos 70, e presenta un marcado cambio no seu estilo musical con respecto ao seu anterior traballo. Animals foi gravado no estudio do grupo, Britannia Row, pero a súa produción foi interrumpida tras os primeiros síntomas de discordia que anos máis tarde rematarían coa saída do teclista Richard Wright do grupo. A imaxe da portada, un porco flotando entre dúas chemineas da central termoeléctrica de Battersea, foi concibida polo baixista Roger Waters, e fotografiada polos seus colaboradores Hipgnosis.
O álbum foi publicado con boas críticas no Reino Unido, onde acadou o número 2 das listas. Tamén foi un éxito nos Estados Unidos, sendo número 3 na Billboard 200, e aínda que só estivo nas listas do país durante 6 meses, as súas vendas continuas levaron á súa certificación por parte da RIAA de catro discos de platino.
Listaxe de cancións [editar]
Todas as letras escritas por Roger Waters.
| Cara 1 |
| N.º |
Título |
Música |
Voz principal |
Duración |
| 1. |
"Pigs on the Wing (Part I)" |
Waters |
Waters |
1:25 |
| 2. |
"Dogs" |
Gilmour, Waters |
Gilmour, Waters |
17:03 |