Petra Haden
| Petra Haden | |
|---|---|
| Nome completo | |
| Alias | |
| Naceu | 11 de outubro de 1971 (41 anos) |
| Orixe | New York |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | violín |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | The Decemberists, The Rentals |
| Tempo en activo | |
| Web | |
Petra Haden, nada en New York o 11 de outubro de 1971, é unha violinista estadounidense.
Traxectoria [editar]
Formou parte de numerosas bandas ao longo da súa carreira, nas que se inclúen The Decemberists ou The Rentals. Ademais, contribuiu en gravacións e actuacións de grupos como Weezer, Foo Fighters, Beck, Mike Watt, Green Day ou Jimmy Eat World.
É filla do baixista de jazz Charlie Haden, quen tivo máis fillos ademais de Petra: Rachel Haden e Tanya Haden (con quen Petra forma The Haden Triplets) e o baixista Josh Haden.
Petra Haden fixo unha versión do disco de The Who titulado The Who Sell Out a capella. Tamén editou o seu único traballo en solitario, chamado Imaginaryland, en 1999, xusto antes de ser atropelada en Los Angeles polo que tivo que retirarse da interpretación durante sete meses.