Jimmy Eat World

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jimmy Eat World
JimmyEatWorldnewcastle.jpg
Orixe Mesa, Arizona, Flag of the United States.svg
Período 1993 - actualidade
Xénero(s) rock alternativo, emo, pop punk, power pop
Selo(s) discográfico(s) Interscope, DreamWorks, Capitol, Wooden Blue, Fueled By Ramen, Better Looking, Geffen, Big Wheel Recreation
Membros Jim Adkins
Tom Linton
Rick Burch
Zach Lind
Antigos membros Mitch Porter
Web oficial jimmyeatworld.com


Jimmy Eat World é unha banda estadounidense de rock alternativo procedente de Mesa, Arizona, formada no ano 1993. O grupo está composto polo vocalista e guitarrista Jim Adkins, o guitarrista e corista Tom Linton, o baixista Rick Burch e o batería Zach Lind.

Jimmy Eat World levga editados sete álbums de estudio, os seus últimos coa súa formación actua. Orixinalmente tiñan un son punk rock e editaron a súa primeira demo en 1993, seguida polo seu EP One, Two, Three, Four en 1994. O seu álbum de estrea, Jimmy Eat World foi lanzado tamén en 1994, co seu actual guitarrista, Tom Linton, cantando na meirande parte dos temas. Jimmy Eat World lanzou o seu segundo e terceiro traballo polo selo Capitol Records. O aclamado Clarity, aparecido en 1999, contén o sinxelo "Lucky Denver Mint", que apareceu na película Never Been Kissed.

O éxito comercial chegoulle coa edición de varios sinxelos do seu álbum Bleed American, que acadaron o top 20 da lista Hot Modern Rock Tracks, chegando "The Middle" ao número 1. O segunte álbum de Jimmy Eat World foi Futures, que conseguíu outro número 1 na lista Modern Rock Tracks, "Pain". O seu sexto traballo, Chase This Light, converteuse no que máis alto subíu nas listas, conseguindo chegar ao porto 5 da Billboard 200. O seu último disco ata o momento, Invented, foi lanzado o 28 de setembro do 2010 polo selo Interscope Records.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]