Petrópolis
|
|
|||
| Estado | Rio de Janeiro | ||
| Superficie | 774,6 km² | ||
| Poboación Densidade |
312 183 (2006) 400,5 hab./km² |
||
| Altitude | 830 m sobre o nivel do mar | ||
| Latitude | 22° 30' S | ||
| Lonxitude | 43° 11' O | ||
| Distancia da cidade do Rio de Janeiro | 68 Km | ||
| Código postal (CEP) | 25680-000 | ||
| Administración local | Prefeitura Municipal de Petrópolis - Av. Koeller, 260, Centro | ||
| Internet | http://www.petropolis.rj.gov.br/ | ||
| Alcalde (Prefeito) | Rubens Bomtempo | ||
| Mapa no estado do Río de Xaneiro | |||
|---|---|---|---|
Petrópolis é unha cidade brasileira situada no Estado de Rio de Janeiro, nas montañas da Serra dos Órgãos. Ten unha área de 774,606 km² e unha poboación estimada de 302.477 habitantes para o ano de 2004. Sitúase a uns 68 km da capital do estado pola estrada BR-040 e a 463 km da cidade de São Paulo.
Índice |
Historia [editar]
Foi a primeira cidade proxectada do Brasil. Antes de ser construída, a rexión era coñecida como Fazenda do Córrego Seco, e servía como pasaxe do Rio de Janeiro para o estado de Minas Gerais. Chámase Petrópolis (ou sexa, a cidade de Pedro) en homenaxe ao seu fundador, o imperador Pedro II. O clima ameno da rexión atraiu a Familia Real brasileira, que alí construiu a súa moradía de verán. Para abrigar a corte, moitos palacios e construcións luxuosas foron construidos. Ademais, foron "importadas" 600 familias de inmigrantes alemáns no século XIX para colonizar a área.
Aínda hoxe os descendentes da familia real ten terras na rexión.
Economía [editar]
O seu clima ameno, as súas construcións historicas, e a abundante vexetación da Serra dos Órgãos e súas montañas serven como grandes atractivos turisticos. Ademais, a cidade posui un movimentado comercio e servizos e tamén produción agropecuária (co destaque para o plantío de froitas de clima temperado) e industrias.
Turismo [editar]
- Museu Imperial
- Palacio de Cristal
- Palacio Quitandinha
- Casa de Santos Dumont
- Palacio Rio Negro
- Casa da Princesa Isabel
- Catedral de San Pedro de Alcántara
- Palacio Amarelo
- Palacio Grão Pará
- Trono de Fátima
- Casa de Joaquim Nabuco
- Florália
- Morro Açu (Parque Nacional da Serra dos Órgãos)