Peter Watkins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPeter Watkins
Biografía
Nacemento29 de outubro de 1935 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Norbiton, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal Academy of Dramatic Art - Actuación (–1953) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , guionista , realizador Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoDocumental Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webpwatkins.mnsi.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0914386 Allocine: 8343 Allmovie: p116082 Editar o valor em Wikidata

Peter Watkins, nado en Norbiton (Surrey) o 29 de outubro de 1935, é un director de cine inglés. É un dos pioneiros do docudrama. As súas películas, pacifistas e radicais, raian o límite entre o documental clásico e a película de ficción. Adoita concentrar a súa obra e as súas ideas arredor dos mass media e a súa relación e participación nunha película ou documental.

A maioría das súas obras combinan elementos dramáticos e documentais para amosar eventos históricos ou futuribles. Malia o seu recoñecemento a finais da década de 1960, en parte polo escándalo polo boicot da BBC a unha das súas obras, caeu no ostracismo polo pouco académico da súa obra, tanto polo seu anovador punto de vista, como pola infrecuente duración das súas películas e o uso de actores non profesionais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de estudar na Royal Academy of Dramatic Art, Watkins empezou a súa carreira na televisión e no cine coma axundante de produtor de curtas para televisión e anuncios. A comezos da década de 1960 foi asistente de edición e director de documentais na BBC. Todas as súas películas eran ben documentais, ben dramas presentados con técnicas documentais, ás veces describindo aparicións históricas e ás veces posibles acontecementos próximos no futuro coma se reporteiros contemporáneos e directores estivesen alí para entrevistar os participantes. Watkins instaurou esta técnica na súa primeira longametraxe para TV, Culloden, que describía o levantamento xacobino de 1745 nun estilo similar ao do cinéma verité ou aos informes que chegaban nese momento da Guerra de Vietnam, con entrevistas aos campesiños antes de entraren en combate, e reflectindo a brutalidade do combate. Isto valeulle o Jacob's Award en 1965[1].

A innovación de alcance e forma de Culloden acadou o éxito inmediato da crítica malia ser un director descoñecido, e a BBC encargoulle outra produción ambiciosa, o docudrama de guerra nuclear The War Game, pero finalmente a produción foi boicoteada pola BBC e presentada nos cinemas. A canle non a proxectou até o 31 de xullo de 1985. The War Game foi filmado ao estilo documental, e mira os posibles efectos da guerra nuclear en Inglaterra. A película é notable pola intensa forza das imaxes. Valeulle un Oscar ao mellor documental e o Premio ao mellor documental en 1967 en Gran Bretaña.

The Peace Game amosa a guerra coma un acontecemento deportivo futurista onde parece que o xogo está a ser disputado ante unha audiencia de televisión. Segue en certa medida os postulados situacionistas de Guy Debord, considerando o espectáculo coma un sistema de representación para crear novas relacións do individuo coas institucións da violencia.

Privilexio amosa un cantante que actúa situado nun estado totalitario futurista. O personaxe principal, Steven Shorter (interpretado por Paul Jones), é unha persoa intensa que compadece a mocidade da súa nación. Vólvese moi popular, pero decátase de que a súa vida está tamén controlada polo goberno. En 1978, Patti Smith gravou unha das cancións da película, "Set Me Free" no seu álbum Easter.

A súa reputación como provocador político aumentou con Punishment Park, unha historia de conflito político violento nos Estados Unidos que coincidía co Masacre do Estado de Kent. A oposición á guerra é un tema común do seu traballo, pero as mensaxes políticas das películas son decote ambiguas, normalmente permitindo ás personaxes principais presentar violentamente puntos de vista, a miúdo opostos, que en moitos casos son improvisados. En Punishment Park, os soldados e disidentes eran interpretados por actores non-profesionais cuxas opinións políticas emparellaban tanto coas dos caracteres que representaban tan ben, que o director dicía que temía que en calquera momento estoupase a violencia no grupo.

Punishment Park está baseada na "mentalidade de sitio" das forzas de policía durante a década de 1970. Ante a sentenza de reclusión nun penal federal, dáselle aos activistas a posibilidade de ir ao parque de castigo, onde deberán levar a cabo unha competición de tres días nun deserto ermo sen comida, mentres son perseguidos por Gardas Nacionais armados.

Edvard Munch fala da vida de Munch, especialmente dos seus primeiros anos.

Fixo unha aproximación similar na súa revisión acerca da comuna de París, utilizando anuncios de xornal para recrutar actores conservadores que terían unha antipatía auténtica cara aos rebeldes da Comuna. Watkins é tamén coñecido por declaracións políticas sobre os medios de comunicación de cine e televisión, escribindo extensamente sobre os defectos dos telexornais e a dominancia do estilo narrativo derivado de Hollywood que el atribúe a como "a monoforma".

Despois da prohibición de The War Game e da pobre recepción da súa primeira obra non televisiva, Privilege, Watkins deixou Inglaterra e sacou as súas seguintes películas no estranxeiro: The Gladiators en Suecia, Punishment Park nos EUA, Edvard Munch en Noruega, Resan (un ciclo de 14 horas sobre a ameaza da guerra nuclear) en dez países diferentes, e La Commune en Francia.

En 2004 escribiu o libro Media Crisis, un ensaio cómico sobre a crise dos medios, acerca do debate sobre a construción da nova forma dos media audiovisuais.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Sobre Peter Watkins[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Television awards presented", en The Irish Times (9 de decembro de 1965) (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]