Pentaceratops

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pentaceratops
Rango fósil: Cretáceo superior

Restauración de Pentaceratops.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Ornithischia
Suborde: Neornithischia
Infraorde: Ceratopsia
Familia: Ceratopsidae
Subfamilia: Chasmosaurinae
Xénero: Pentaceratops
Osborn, 1923
Especies
  • P. sternbergii (tipo)
    Osborn, 1923
  • P. aquilonius Longrich, 2014

Pentaceratops (do grego antigo: "cara con cinco cornos") é un xénero representado por unha única especie de dinosauro ceratopsiano ceratópsido, que viviu a finais do período, hai aproximadamente 75 a 73 millóns de anos, durante o Campaniano, no que hoxe é Norteamérica.

Descrición[editar | editar a fonte]

Pentaceratops medía preto de 8 metros de lonxitude e 4 de altura, cun peso estimado de 5 500 quilogramos. Presentaba tres cornos na súa cabeza, un peteiro forte e groso semellante ó dos papagaios, un volante óseo (gola) revestido de espiñas, ademais de patas macizas e un corpo robusto. Probablemente o Pentaceratops, do mesmo xeito que a maioría dos ceratopsianos, presentaban un comportamento gregario.[1]

Pentaceratops, como todos os ceratopsianos, era un herbívoro. Durante a súa vida as plantas con flores estaban limitadas, e é tan probable que este dinosauro se alimentase coas plantas predominantes da era: fentos, cycas e coníferas. Utilizaría o seu peteiro agudo de ceratopsiano para arrincar as follas ou as agullas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dodson, P. The Horned Dinosaurs. Princeton University Press, Princeton, New Jersey. ISBN 0-691-05900-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]