Penelope perspicax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Penelope perspicax é unha especie de ave galiforme da familia Cracidae que habita nos bosques nubrados dos departamentos colombianos de Cauca, Valle del Cauca, Risaralda e Quindío, entre os 700 e 1800 m.s.n.m. Non se coñecen subespecies.[2]

Características[editar | editar a fonte]

A súa lonxitude media é de 76 cm. As plumas da cabeza, o pescozo e a parte alta do dorso e peito son entre gris e pardo bordeadas de gris claro ou branco, máis marmoreadas no peito; no resto das costas é de cor castaña. Presenta bordo periocular gris lousa azulado, peteiro negruzco, gorxa e patas vermellas.[3]

Historia natural[editar | editar a fonte]

Viven na parte media e alta das árbores e non baixan ao chan. Aniñan nas árbores. O seu hábitat foi reducido e fragmentado polo que se atopa en perigo de extinción.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International. "Penelope perspicax". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
  3. Rodríguez Mahecha, J.V, Hughes, N., Nieto, O. & Franco, A.M. (2005). Paujiles, Pavones, Pavas & Guacharacas. Bogotá: Conservación Internacional.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]