Peggy Oki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPeggy Oki
Biografía
Nacemento10 de abril de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Califórnia en Santa Bárbara
Venice High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsurfista , patinadora de monopatín , activista polos dereitos dos animais , artista , activista climática Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
DeporteSkate
Surf Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- Z-Boys (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webpeggyoki.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1124131 Editar o valor em Wikidata

Peggy Oki é unha skater, surfista, artista e activista medioambiental estadounidense.

Comezou no skate sobre o ano 1975 co grupo Z-Boys, sendo a única rapaza e converténdose así nunha das primeiras mulleres skaters do mundo. Estudou bioloxía medioambiental e obtivo unha licenciatura de arte en pintura pola Universidade de California. Hoxe en día, segue involucrada en varias actividades como o ioga, o skate, a escalada e o surf.

Ten viaxado a multitude de países como surfista e tamén como activista, entre os que se contan Fidxi, México, Suráfrica, Polinesia Francesa, Indonesia, Xapón, Tonga, Hawai, Nova Zelandia, Australia e Costa Rica.

Tamén participou no filme documental Dogtown and Z-Boys, no que se narra a historia dos Z-Boys e a súa influencia na cultura da patinaxe. No 2005, Oki e o resto dos Z-Boys foron novamente obxecto da gravación dun filme sobre as súas vidas chamado Lords of Dogtown.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]