Tileiro de folla grande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tileira de folla grande
Tilia platyphyllos: vista xeral
Tilia platyphyllos: vista xeral
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malvales
Familia: Malvaceae
Subfamilia: Tilioideae
Xénero: Tilia
Especie: Tileiro de folla grande
Scop.

O tileiro de folla grande[1] (Tilia platyphyllos),o tileiro común, é unha especie arbórea pertencente á familia das tiliáceas, moi habitual nos bosques de Europa. En Galiza só aparece coma ornamental.

Descrición[editar | editar a fonte]

Árbore caducifolia de copa de forma piramidal, co toro de casca cinsenta, gretada lonxitudinalmente, e que pode acadar grande altura (uns 30m). Pólas e xemas de cor avermellada. Follas de 6-12 cm de lonxitude, de forma orbicular-ovada, dentada e punteadas, face verde botella e parte do envés algo difuminado, rematan nun longo e evidente pico. Flores miúdas de 5 pétalos brancas ou amarelentas moi recendentes. Reúnense en feixes de entre 2 e 7 collidos por un longo rabiño que pendura dunha especie de folliña a xeito de lingüeta. Esta folliña é moi rechamangueira e característica, un tanto fibrosa e de cor verde pálida. Froito ovalado, moi viloso e con 5 costelas que resaltan, polo menos cando maduro. Contén de 1 a 2 sementes. Madura a finais do verán ou polo outono. A casca é cinsenta, lisa en exemplares novos e rachada ao longo nos máis idosos. Ramiñas de cor parda avermellada ou verdosas, ao principio e aveludadas. Florea a final de primavera e no verán.[2]

As flores son moi pequenas mais moi recendentes
Follas e froitos de T. platyphyllos
Casca en exemplar novo de T. platyphyllos

Citoloxía[editar | editar a fonte]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Especie bastante esixente en humidade, pode medrar en solos calcarios ou silíceos. Chega a formar mouteiras monoespecíficas. fragas de abas rochosas, foces e cavorcos. Medra espallado nas fragas caducifolias onde soe aparecer na compaña de carballos(caxigos, veriños, etc), piñeiros, abeleiras, faias, pradairos, capudres e freixos.

Distribución[editar | editar a fonte]

Atópase espallado por gran parte de Europa, especialmente polo centro e sur, chegando até o oeste de Asia. Na península Ibérica aparece nos Pireneos, no Cordal Cantábrico e no Sistema Ibérico.[4] Non chega aos montes galegos.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

  • Tilia officinarum Crantz
  • Tilia platyphyllos subsp. platyphyllos Scop.
  • Tilia platyphyllos var. grandibracteata Sennen
  • Tilia platyphyllos var. longepedunculata Sennen
  • Tilia valdepubens Sennen

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego favorito en Termos Esenciais de Botánica, Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela, 2002
  2. Barbadillo Salgado, J.L. (2001). Árboles y Arbustos del Pirineo. ISBN 84-87997-85-6. 
  3. Tilia en Flora Ibérica
  4. Árboles y Arbustos de la Península Ibérica e Islas Baleares. ISBN 84-95537-50-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tileiro de folla grande Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tileiro de folla grande