Pays d'Auge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPays d'Auge
Imaxe

Localización
Mapa
 49°N 0°L / 49, 0Coordenadas: 49°N 0°L / 49, 0
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsNormandía
DepartamentoCalvados Editar o valor em Wikidata
Villes et pays d'art et d'histoire
Data2000

O Pays d'Auge (Pronunciación francesa: ​[pei doʒ], literalmente Terra de Auga), Auge pe Bro-Auge en bretón, é unha zona de Normandía, situada entre os departamentos de Calvados e Orne (ademais dunha pequena parte do de Eure), unha antiga provincia do Reino de Francia. A cidade principal é Lisieux.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Pays d'Auge divídese nos seguintes cantóns : Cantón de Cabourg, Cantón de Dozulé, Cantón de Trouville Deauville, Cantón de Honfleur, Cantón de Troarn, Cantón de Cambremer, Cantón de Pont-l'Évêque, Cantón de Blangy-le -Château, Cantón de Mézidon-Canon, Cantón de Lisieux, Cantón de Saint-Pierre-sur-Dives, Cantón de Livarot, Cantón de Orbec, Cantón de Trun, Cantón de Vimoutiers, Cantón de Exmes e Cantón de Gacé.

Economía[editar | editar a fonte]

A paisaxe desta zona considérase típica de Normandía — agrícola e produtora de produtos lácteos e mazás.[1] Destaca polos seus queixos, especialmente Camembert (denominado así por un lugar do Pays d'Auge),[2] Livarot e Pont-l'Évêque, tamén nomes de vilas.

O Pays d'Auge recibiu o status de appellation d'origine contrôlée

(denominación de orixe) pola súa sidra e calvados (licor co nome do departamento de Calvados).

Cultura[editar | editar a fonte]

O dialecto normando do Pays d'Auge coñécese como Augeron. O Pays d'Auge está clasificado como Terra de Arte e Historia polo Ministerio de Cultura de Francia.

Notas

  1. Desan, Suzanne (2006-06-19). The Family on Trial in Revolutionary France (en inglés). University of California Press. ISBN 978-0-520-24816-8. 
  2. Planhol, Xavier de; Claval, Paul (1994-03-17). An Historical Geography of France (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-32208-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.