Pauliña
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Galicia |
Actividade | |
Ocupación | cantante , actriz , compositora , presentadora |
Lingua | Lingua galega |
Paula Chaves, coñecida polo seu nome artístico Pauliña,[1] é unha cantante, compositora e actriz galega de Cambados, Pontevedra.[2][3][4]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Empezou a cantar e compoñer xa de nova en Cambados e arredores, despois marchou unha tempada a Inglaterra en Eastbourne onde tamén continuou a súa carreira musical. Volveu tempo despois a Galiza onde se afincou en Santiago de Compostela, na capital conseguiu subirse aos escenarios xunto a Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Fosi (DeLombaos) ou Zënzar. Cando xa comezaba a ter éxito nas redes sociais a banda NAO propúxolle colaborar no seu disco Cartas no caderno que a levou a tocar con eles en grandes festivais. Despois de marchar a Ourense por motivos laborais, en 2018 lanzou o seu primeiro disco De-Xeneración coa discográfica Xonix Records e a finais dese mesmo ano lanzou o EP Decideu non ser de ninguén, no que colaborou con Valtònyc.[2][3]
Tras o éxito dos primeiros proxectos, no 2020 lanzou o seu segundo disco A Malfalada, mesturando o country coa música folk, rock e o blues, en colaboración cunha banda de músicos veteranos formada por: Iago Jorge (batería), Lolo Arincón (baixo), Paco Montoto (teclado) e Julián Gullón (guitarra).[2]
No 2022 actuou na película de Ángel de la Cruz O home e o can, na que tamén é a autora da canción orixinal.[5]
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums[editar | editar a fonte]
- Testemuñas (2021) con O Leo de Matamá en Rexurdimento, con High Paw en Noite en Compostela, con Nee Barros en O mesmo Mal, con Kumpania Algazarra en Revolta Eterna e con Fosi en Pasa de Min.
- A Malfalada (2020)
- De-xeneración (2018)
Sinxelos[editar | editar a fonte]
- Xa sei (2023), con Eris Mackenzie.
- El País del Miedo (2022), con Los Chikos del Maíz.
- Tan Tan (2022)
- Decideu non ser Ninguén (2018), con Valtònyc en Eu vin o mar Chorar.
Actriz[editar | editar a fonte]
- O home e o can (2022), de Ángel de la Cruz.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "p". www.ogalego.eu. Consultado o 2023-11-09.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "PAULIÑA". xonixrecords.wixsite.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2023. Consultado o 2023.
- ↑ 3,0 3,1 "Pauliña". descubreas.com. Consultado o 2023.
- ↑ "Pauliña". gzmusica.com. Consultado o 2023.
- ↑ Diario, Nós (2022-08-22). "Paula Chaves, 'Pauliña': "En ningún sitio se vive como na Galiza"". Nós Diario. Consultado o 2023-11-09.