Patricia Argerey Vilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPatricia Argerey Vilar
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSantiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade San Pablo CEU (licenciatura)
Universidade Complutense (doutoramento)
Coñecido porDirectora da Axencia Galega de Innovación
Actividade
Campo de traballoEconomía, Relacións internacionais
Ocupacióneconomista , profesor universitario , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade San Pablo CEU
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1815482


Patricia Argerey Vilar, nada en Lugo en 1977,[1][2] é unha economista galega.

Membro destacada do colectivo de mulleres no sistema CTEM,[3] é unha impulsora da incorporación da muller ás novas tecnoloxías.[2]

Na actualidade (2018) é a directora da Axencia Galega de Innovación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É Licenciada en Economía pola Universidade San Pablo CEU de Madrid. Fixo un máster en Estudos Políticos Aplicados pola Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas (FIIAPP) de Madrid, fundación que traballa na mellora de sistemas públicos en máis de 100 países, xestionando proxectos de cooperación internacional. É Doutora en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid.[1][2]

Entre marzo de 2003 e outubro de 2004 foi coordinadora de Proxectos de I+D no Instituto Universitario de Estudos Europeos da Universidade CEU San Pablo, Madrid. De outubro de 2004 a setembro de 2009 foi secretaria xeral de dito Instituto Universitario, amais de profesora da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade CEU San Pablo.

Entre outubro de 2008 e setembro de 2009 foi profesora titular da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade Complutense de Madrid.

En setembro de 2009 comezou a traballar como asesora do Gabinete do Presidente da Xunta de Galicia, e en xaneiro de 2013 pasou a ser xefa do Gabinete do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.[1] [2] Desde decembro de 2016 é a directora da Axencia Galega de Innovación.[2] [4]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Tese[editar | editar a fonte]

  • "El impacto económico de la inmigración europea estudio de un caso particular: España"[5] Tese doutoral dirixida por Sara González Fernández. Universidade Complutense de Madrid (2006).

Libros[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • La Europa de los veinticinco: desafíos políticos y económicos = European Union at twenty-five: political and economic challenges (2005; con Leopoldo Abad Alcalá, Belén Becerril Atienza e José María Beneyto Pérez). Madrid: Editorial Dykinson. ISBN 978-84-9772-601-6.
  • Europa y América Latina: el otro diálogo transatlántico (2006; con José María Beneyto Pérez). Madrid: Editorial Biblioteca Nueva. ISBN 978-84-9742-599-5.
  • 'Cincuenta años de construcción europea: grandes logros del pasado y desafíos para el futuro (2008; con José María Beneyto Pérez e Alfonso Rincón García Loygorri). Madrid: Editorial Biblioteca Nueva. ISBN 978-84-9742-848-4.
  • El impacto de la adhesión de Turquía en la Unión Europea (2008; con José María Beneyto Pérez). Madrid: Editorial Biblioteca Nueva. ISBN 978-84-9742-849-1.
  • La apuesta por el Mediterráneo: un reto para el siglo XXI (2010; con José María Beneyto e Alicia Sorroza). Madrid: Editorial Biblioteca Nueva, S.L. ISBN 978-84-9940-197-3.

Artigos[editar | editar a fonte]

  • "La dimensión exterior de la acción de la Unión Europea en la lucha contra la inmigración ilegal". Cuadernos de estrategia nº 135 (2007), ISSN 1697-6924, pp. 49-70.
  • "La Unión Europea y el control de la inmigración". Política exterior, Vol. 20, nº 114 (2006), ISSN 0213-6856, pp. 177-184.
  • "Una revisión de la política europea en materia de inmigración". REDEN: revista española de estudios norteamericanos, nº 23-24 (2002), ISSN 1131-9674, pp. 205-215.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]