Partit Occitan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partit Occitan (POc)
Partido político de Occitania
Dirixentes e organización
Líder Gustave Alirol
(Voceiro)
Filiación internacional Alianza Libre Europea
Rexións e Pobos Solidarios
Historia
Fundación 1987
Posicións políticas
Ideoloxía Nacionalismo occitano
Esquerda
Outros datos
Sede B. P. 31 16270 Romasieras
Publicación Occitània
Páxina web www.partitoccitan.org

O Partit Occitan (POC) é un partido nacionalista de Occitania.

Formouse en Tolosa en 1987 da unión dalgunhas listas rexionalistas das eleccións de 1986 como Union Occitana de Tarn ou Per las regionalas, Los Regionalistas de l'Alta Garona, así como os restos de Volèm Viure al País e País Nòstre.

Historia[editar | editar a fonte]

Xa en 1985 representa a Occitania na Conferencia de Nacións Sen Estado de Europa Occidental (CONSEO) onde tamén participaron o Emgann (Bretaña), MCA (Córsega), Sinn Féin (Irlanda), Herri Batasuna (País Vasco), Bloque Nacionalista Galego (Galicia) e a Crida a la Solidaritat en Defensa de la Llengua, la Cultura i la Nació Catalanes.

Tense presentado cun certo apoio ás eleccións locais, xa que dominan algunhas comunas rurais, e ás rexionais en Linguadoc e Provenza. Forma parte da Alianza Libre Europea e tense proposto facer emerxer a cuestión occitana do dominio público, e relanzar un movemento occitanista crible en favor do recoñecemento occitano.

Programa e ideario[editar | editar a fonte]

Os seus campos de acción política son a economía e o autogoberno, así como a preservación da natureza occitana, na loita contra a industria nuclear e demais problemas que afectan ós occitanos. Os principais obxectivos da nova formación política eran e son: comezar un auténtico movemento político Occitanista, por enriba de tódolos partidos e que loita por un propio goberno dos occitanos, a desalienación e concienciación da poboación occitana e facer chegar os caso occitano ó campo político.

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Nas eleccións rexionais francesas de 1992 obtén o 5,87 % dos votos en Provenza. Nas eleccións xerais francesas de 1993, obtivo o 1 % no distrito de Ais de Provença (onde tivera o 0,73 % en 1992) e o 7,12 % en Castres (1,64 % en 1992). Pero nas xerais de 1997 tan só vai obter o 1,6 % en Occitania.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]