Emgann
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Emgann | |
|---|---|
| Partido político de Bretaña | |
| Líder | Gaël Roblin (Voceiro) |
| Fundación | 1983 |
| Ideoloxía | Nacionalismo bretón Independentismo Celtismo Esquerda Internacionalismo |
| Publicación oficial | Combat breton |
| Páxina web | www.chez.com/emgann/ |
Emgann (en bretón loita) é un partido político bretón fundado en 1983 como a sección política do Fronte de Liberación de Bretaña, partidario da recuperación dos foros bretóns anteriores a 1532, do socialismo, do celtismo e do europeísmo. Ocasionalmente tivo contactos con Herri Batasuna e Sinn Féin. Ten uns 200 militantes e considérano brazo político do novo ARB. O seu portavoz é Gaël Roblin.
Bibliografía [editar]
- Journal du mouvement de libération nationale du peuple breton pour le socialisme. Do número 0 de 1983 ó número 63 de 1991