Pretérito de indicativo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gramática
Tempos verbais
Indicativo
Subxuntivo
Imperativo
Formas infinitas

O pretérito de indicativo, tamén chamado pretérito perfecto é un dos tempos verbais. Caracterízase por, ademais de posuír vogal temática e carecer de sufixo modo-temporal, circunstancia esta última que tamén lle acontece ó presente de indicativo, por ter un sufixo número-persoal de seu (-i/-n, -ches, -u, -mos, -stes, -ron).

O modo do pretérito de indicativo é real. Refire un momento pasado en relación ó presente, e non necesita referente: Choeron as vacas á tardiña

Valores do Pretérito de Indicativo[editar | editar a fonte]

  • Metaforicamente para referirse a un feito inminente: Non me berres máis, xa marchei.
  • Pode indicar unha acción anterior a un momento futuro: Durme, cando espertes, morreu o conto.
  • Pode indicar un momento anterior a outro pasado: Non viu se lle viñan pola dereita ou pola esquerda.
  • De mandato: con valor imperativo, pode expresar ordes de realización inmediata: Tedes que ter rematado o traballo para mañá, así que xa o fixestes
  • De negación absoluta: en contextos coloquiais pode expresar a negación da acción: Que pouco me gustou o lugar. Xa volvín

Formas[editar | editar a fonte]

andei varrín partín
andaches varriches partiches
andou varreu partiu
andamos varremos partimos
andastes varrestes partistes
andaron varreron partiron