Copretérito de indicativo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O copretérito[1] ou pretérito imperfecto de indicativo é un tempo verbal que expresa coincidencia temporal respecto a un referendo pasado[2]. O referendo pode ser achegado mesmo por un adverbio.

Morfoloxicamente está por unha raíz, unha vogal temática, un sufixo modo-temporal e un sufixo de número e persoa. O sufixo modo-temporal é o morfema "ba" no caso da primeira conxugación e o morfema "a" no caso da segunda e terceira conxugación verbal.

Valores do copretérito de indicativo[editar | editar a fonte]

  • Durativo e habitual: Sempre xantabamos tarde.
  • Narrativo: O narrado áchase nun pasado vago: Era unha fadiña tristeira.
  • Acción habitual no pasado: Os mércores adestrabamos xuntos.
  • Contemporaneidade no pasado: Entón, sentiamos unhas pegadas arrepiantes.
  • Intemporalidade no pasado: Cando cheguei a vello, deime de conta de que a vellez era un inverno.
  • Prospección dende o pasado: Comentoume que emigraba ó mes seguinte.
  • Modal:
  • Valor de cortesía: Perdoe, quería comentarlle...
  • Intención expresiva: Comíao a bicos!

Formas[editar | editar a fonte]

andaba varría partía
andabas varrías partías
andaba varría partía
andabamos varriamos partiamos
andabades varriades partiades
andaban varrían partían

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para copretérito.
  2. Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega. II: Morfosintaxe (2ª ed.). A Nosa Terra. p. 344-345.