Rima
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa literatura que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
A rima (en poesía) é o feito da concordancia total ou parcial dos fonemas dunha ou máis palabras a partir da última vocal acentuada. Isto produce unha igualdade total ou parcial de certos sons entre dous ou máis versos.
Hai dúas clases de rimas, a rima consonante ou total e a rima asonante ou parcial.
Rima consonante ou total [editar]
Prodúcese cando a partir da última vocal tónica de cada verso son iguais os sons vocálicos e consonánticos
Rima asonante ou parcial [editar]
Prodúcese cando a partir da última vocal tónica son iguais soamente os sons vocálicos