Pappalisina-1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A pappalisina-1, tamén chamada proteína plasmática asociada ao embarazo A e IGFBP-4 protease é unha proteína codificada en humanos polo xene PAPPA do cromosoma 9 (cuxo nome son as iniciais do nome en inglés: pregnancy-associated plasma protein A).[1][2] PAPPA segrégase como unha protease cuxo principal substrato son as proteínas que se unen ao factor de crecemento similar á insulina. A pappalisina-1 tamén se usa en tests de cribado para a síndrome de Down.[3][4]

Función[editar | editar a fonte]

A PAPPA codifica unha metaloproteinase segregada que corta as proteínas que se unen ao factor de crecemento similar á insulina (IGFBPs). A función proteolítica da PAPPA é activada pola unión do coláxeno. Pénsase que está implicada en procesos proliferativos locais como a curación de feridas e a remodelación ósea. Suxeriuse que un nivel baixo no plasma desta proteína serve como biomarcador de embarazos con feto aneuploide (cun número anormal de cromosomas).[4] Por exemplo, un baixo nivel de PAPPA adoita observarse nos cribados prenatias en casos de síndrome de Down.[3] Os niveis baixos poden alternativamente predicir problemas coa placenta, que resultan en complicacións adversas como a restrición de crecemento intrauterina, preeclampsia, desprendemento prematuro da placenta, nacemento prematuro ou morte fetal.

Este encima cataliza a seguinte reacción química:

Corte do enlace peptídico Met135-Lys na proteína que se une ao factor de crecemento similar á insulina (IGFBP-4), e o enlace Ser143-Lys na IGFBP-5

Este encima pertence á familia de peptidases M43.

Interaccións[editar | editar a fonte]

A pappalisina-1 ten interaccións coa proteína básica maior.[5][6][7]

Uso clínico[editar | editar a fonte]

Estudos realizados no Royal London Hospital do Reino Unido mostraron que os marcadores da síndrome de Down poden expresarse durante o primeiro e segundo trimestre do embarazo. As concentracións de PAPPA e outros marcadores poden axudar a facer cribados para a síndrome de Down nas etapas iniciais da xestación.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. HGNC Pappalysin 1
  2. "PAPPA - Pappalysin-1 precursor - Homo sapiens (Human) - PAPPA gene & protein". www.uniprot.org (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Breathnach FM, Malone FD (abril de 2007). "Screening for aneuploidy in first and second trimesters: is there an optimal paradigm?". Current Opinion in Obstetrics & Gynecology 19 (2): 176–82. PMID 17353686. doi:10.1097/GCO.0b013e3280895e00. 
  4. 4,0 4,1 "Entrez Gene: PAPPA pregnancy-associated plasma protein A, pappalysin 1". 
  5. Overgaard MT, Haaning J, Boldt HB, Olsen IM, Laursen LS, Christiansen M, et al. (outubro de 2000). "Expression of recombinant human pregnancy-associated plasma protein-A and identification of the proform of eosinophil major basic protein as its physiological inhibitor". The Journal of Biological Chemistry 275 (40): 31128–33. PMID 10913121. doi:10.1074/jbc.M001384200. 
  6. Overgaard MT, Sorensen ES, Stachowiak D, Boldt HB, Kristensen L, Sottrup-Jensen L, Oxvig C (xaneiro de 2003). "Complex of pregnancy-associated plasma protein-A and the proform of eosinophil major basic protein. Disulfide structure and carbohydrate attachment". The Journal of Biological Chemistry 278 (4): 2106–17. PMID 12421832. doi:10.1074/jbc.M208777200. 
  7. Oxvig C, Sand O, Kristensen T, Gleich GJ, Sottrup-Jensen L (xuño de 1993). "Circulating human pregnancy-associated plasma protein-A is disulfide-bridged to the proform of eosinophil major basic protein". The Journal of Biological Chemistry 268 (17): 12243–6. PMID 7685339. doi:10.1016/S0021-9258(18)31378-4. 
  8. Alfirevic Z (febreiro de 2009). "Prenatal screening for Down's syndrome". BMJ 338: b140. PMID 19218324. doi:10.1136/bmj.b140. 
  9. Wald N, Stone R, Cuckle HS, Grudzinskas JG, Barkai G, Brambati B, et al. (xullo de 1992). "First trimester concentrations of pregnancy associated plasma protein A and placental protein 14 in Down's syndrome". BMJ 305 (6844): 28. PMC 1882510. PMID 1379094. doi:10.1136/bmj.305.6844.28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]