Pablo Muñoz
Pablo Muñoz | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Pablo Muñoz Crespo | ||
Nacemento | 4 de setembro de 2003 | ||
Lugar de nacemento | San Sebastián de los Reyes | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Atlético Baleares | ||
Número | 20 | ||
Carreira xuvenil | |||
2016–2017 | Alcobendas | ||
2017–2018 | Chamartín Vergara | ||
2018–2022 | Rayo Vallecano | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2022–2023 | Rayo Vallecano B | 26 | (5) |
2022– | Rayo Vallecano | 2 | (0) |
2023– | Deportivo da Coruña | 2 | (0) |
2024– | → Atlético Baleares | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 14 de febreiro de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Pablo Muñoz Crespo, nado en San Sebastián de los Reyes o 4 de setembro de 2003, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Atlético Baleares, da Primeira División RFEF, cedido polo Deportivo da Coruña.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse como futbolista nas canteiras do Alcobendas CF e do Chamartín Vergara, antes de ingresar en 2018 na do Rayo Vallecano.[1] Na tempada 2021/22, capitaneando o equipo xuvenil, proclamouse máximo goleador do Grupo V da División de Honra, con 19 goles, a pesar de non xogar como dianteiro.[2]
Para a tempada 2022/23 foi subido ao filial do club, o Rayo B, equipo da Terceira División RFEF, onde disputou 26 partidos e marcou 5 goles.[3] O 18 de outubro de 2022 debutou co primeiro equipo na Primeira División, nun derbi ante o Atlético de Madrid no Estadio Metropolitano no que o adestrador Iraola lle deu entrada nos minutos finais como substituto de Álvaro García.[4]
O 1 de setembro de 2023, anunciouse o seu traspaso ao Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[1] Con todo, non chegou a contar coa confianza do técnico Imanol Idiakez, sumando só 20 minutos en liga durante a primeira metade da competición. En xaneiro o club cedeuno ao Atlético Baleares ata final de tempada.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Pablo Muñoz, novo xogador do Dépor 2023-24". 1 de setembro de 2023. Consultado o 5 de setembro de 2023.
- ↑ Andreu, Tomás (12 de outubro de 2022). "La perla del Rayo por la que pujan Barça y Real Madrid". Sport (en castelán). Consultado o 5 de setembro de 2023.
- ↑ "Rayo Vallecano saturated with groundbreaking offers for Pablo Muñoz" (en inglés). 16 de outubro de 2022. Consultado o 5 de setembro de 2023.
- ↑ "Pablo Muñoz debuta con el Rayo Vallecano" (en castelán). 19 de outubro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2023. Consultado o 5 de setembro de 2023.
- ↑ Adrover, Sebastià (24 de xaneiro de 2024). "El Atlético Baleares obtiene la cesión del mediapunta Pablo Muñoz" (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2024.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán).