Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Rayo Vallecano B é o equipo filial do Rayo Vallecano. Fundado en 1956, actualmente xoga na Segunda División B, categoría na que debutou na tempada 2010/11.
O filial do Rayo Vallecano naceu en 1956 coa intención de formar unha canteira de xogadores para o Rayo e fomentar o deporte base en Vallecas.
O equipo chegou a Terceira División na tempada 1988-89, e desde entón permaneceu na mesma categoría de forma ininterrompida, mantendo posicións intermedias na táboa. Ata que na tempada 09/10, logo dunha tempada increible, e grazas a un gol de Gazapo no último minuto de desconto ante o L'Hospitalet na fase de ascenso a Segunda B, logrouse o 1-1 final que daría paso a unha cita histórica para a canteira do Rayo Vallecano logrando o ascenso da súa filial á Segunda División B do fútbol español. A súa principal función é servir de canteira para o primeiro equipo e forxar novos xogadores.
- Uniforme titular: Camiseta branca cunha franxa vermella en diagonal, pantalón branco e medias negras.
- Uniforme alternativo: Camiseta negra cunha franxa vermella en diagonal, pantalón negro e medias negras.
- Terceiro uniforme: Camiseta azul cunha franxa vermella en diagonal, pantalón rosa e medias negras.
- Marca deportiva: Patrick
O equipo filial xoga os seus partidos no campo Nuestra Señora de la Torre de Vallecas, con capacidade para 2.500 persoas e céspede artificial.
Datos do club [editar]
Cadro 2009/10 [editar]
Ligazóns externas [editar]