Pablo Jesús Rodríguez Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pablo
Información persoal
Nome Pablo Jesús Rodríguez Méndez
Nacemento 7 de xuño de 1975
Lugar de nacemento Viveiro
Altura 1,74 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Viveiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1992–1994 Fabril
1994–1997 Viveiro
1997–1999 Lugo 66 (9)
1999–2004 Racing de Ferrol 102 (20)
2004 Girona 9 (0)
2005 Leganés 8 (0)
2006–2008 Lugo 76 (12)
2009 Atlético Baleares 7 (0)
2009 Compostela 0 (0)
2009–2010 As Pontes
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Pablo Jesús Rodríguez Méndez, nado en Viveiro o 7 de xuño de 1975, é un exfutbolista galego, que xogaba de defensa e centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Viveiro, e na tempada 1992/93 fichou polo Fabril, da Terceira División. Tras dúas tempadas no filial do Deportivo da Coruña regresou a Viveiro para a tempada 1994/95.[1] Xogou dúas tempadas e media co club da Mariña na Terceira División, actuando como defensa, e en xuño de 1997 fichou polo Lugo, da Segunda B.[2]

Titular indiscutible no equipo de Edrosa, adiantou a súa posición ao centro do campo, e disputou 66 partidos en dúas tempadas, marcando 9 goles. En xuño de 1999 fichou polo Racing de Ferrol, tamén de Segunda B.[3] Na súa primeira tempada no club, con José Ramón Arteche no banco, logrou o ascenso á Segunda División, contribuíndo ademais con 9 goles. Xogou as seguintes tres tempadas na categoría de prata, con Luis César como adestrador, ata que o equipo descendeu na 2002/03. Militou un total de cinco tempadas no club ferrolán, exercendo como capitán nas dúas últimas, disputando 120 partidos e marcando 21 goles. Deixou o equipo despois de conseguir un novo ascenso a Segunda na tempada 2003/04.

Comezou a tempada 2004/05 no Girona, pasando no mercado invernal ao Leganés, disputando 17 partidos entre os dous equipos en Segunda B. Na seguinte tempada, tras uns meses sen equipo, adestrándose en solitario en Viveiro e rexeitando unha oferta do Górnik Łęczna da Ekstraklasa, regresou ao Lugo, desta vez na Terceira División.[4] Conseguiu ascender esa mesma tempada, e xogou dúas máis en Segunda B ata 2008.

Tras un breve paso polo Atlético Baleares, fichou no verán de 2009 polo Compostela, co que non chegou a debutar en partido oficial, deixando o club un mes despois para asinar co CD As Pontes, de Preferente.[5] Ao remate da tempada 2009/10 colgou as botas e converteuse no novo director deportivo do club pontés.[6]

Durante os seguintes anos pasou polos apartados técnicos do Xerez, Valencia e Villarreal.[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Regresar al equipo de casa es algo muy bonito», dice Pablo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Mariña ed.). 22 de xullo de 1994. p. 48. 
  2. "Pablo llega a Lugo con la ilusión de seguir ascendiendo". La Voz de Galicia (en castelán) (Lugo ed.). 1 de xullo de 1997. p. 60. 
  3. "El vivariense Pablo, primer refuerzo para el 2000". La Voz de Galicia (Ferrol ed.). 25 de xuño de 1999. p. 56. 
  4. "El Lugo presenta a Pablo como fichaje para aspirar a todo". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 25 de xaneiro de 2006. p. 23. 
  5. "El ex racinguista Pablo Rodríguez Méndez ficha por el As Pontes". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 4 de setembro de 2009. p. 32. 
  6. "El viveirense Pablo Rodríguez cuelga las botas y se convierte en director deportivo del As Pontes" (en castelán). 3 de xuño de 2010. Consultado o 10 de decembro de 2021. 
  7. "El despacho-trampolín azulino" (en castelán). 13 de xuño de 2012. Consultado o 10 de decembro de 2021. 
  8. Yáñez, Pablo (2 de xullo de 2021). ""Cuando te llama un técnico del prestigio de Unai Emery tienes poco que pensar"". El Progreso (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]