Distritos de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os 100 departamentos franceses (départements) a fronte de cada un dos cales sitúase un prefeito, divídense en 342 distritos (arrondissements) que liderados por un subprefeito, teñen por misión axudar a aquel na aplicación das políticas territoriais e administrativas do Estado francés.

Entre 1790 e 1800 en Francia, os districts foron o primeiro nivel de subdivisión dos départements, e foron posteriormente reemprazados polos arrondissements. Durante parte do século XX, denominouse district a unha forma de mancomunidade de concellos.

A capital dun distrito chámase sous-préfecture (subprefeitura) agás cando se trata do distrito da propia capital departamental, que mantén a denominación de "préfecture" (prefeitura), aínda que cumpre coas mesmas funcións para co resto das comunas do seu distrito.

Os distritos agrupan a un número determinado de comunas, a división administrativa básica, que ademais se agrupan en diferentes cantóns, organización que cumpre as funcións de partido xudicial (sede do Tribunal de Primeira Instancia) e de xeito regular, de circunscripción electoral.

Nas cidades de París, Lión e Marsella tamén denomínanse arrondissements ás divisións administrativas que agrupan aos diferentes barrios e á fronte dos cales desígnase un "maire" (alcalde).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]